Novas por contido

A central sindical anima a participar nas concentracións convocadas a prol da diversidade sexual e dos dereitos das persoas LGTBI

A CIG denuncia a hipocrisía do goberno do Partido Popular, quen aprobou hai un ano o Protocolo educativo para garantir a Igualdade de xénero, a non discriminación e a liberdade de Identidade de xénero dxs menores trans", mais permite e consinte que a organización ultracatólica Hazte Oír pasee o bus polas rúas de Compostela e en vindeiras datas noutros lugares de Galiza.
 
Non é casual que o bus se desprace ao noso país o día anterior a que as organizacións ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA se reúnan no Parlamento para achegar aos grupos políticos a iniciativa de poñer en marchar unha Lei galega de Identidade de Xénero que recoñeza os dereitos do colectivo trans, e ás portas da conmemoración dun novo 17 de maio Día internacional de combate da LGTBI fobia.
 
É preciso abordar a diversidade afectivo sexual desde un enfoque global que axude a previr calquera discriminación homofóbica e transfóbica e revisar a cultura  heteronormativa que existe na sociedade. Poñer en marcha políticas reais antidiscriminación e antiacoso que especifiquen a orientación afectivo sexual e a expresión de xénero; formación do profesorado, dos servizos sociais e de saúde para saber cómo actuar  naquelas situacións de acoso e vitimización relacionadas   coa   orientación   afectivo sexual   e   a   expresión   de   xénero; introdución no currículo de información acerca das diferentes orientacións afectivo sexuais e expresión de xénero. En definitiva: normalizar, educar na aceptación e normalización de calquera tipo de mostra de afecto entre persoas, independentemente da súa orientación ou identidade sexual o cal significa aceptar sen prexuízos a diversidade.
 
Non hai espazo nas rúas da Galiza para a LGTBI fobia. Por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas en Compostela en repulsa ao bus da xenreira, contra a discriminación e a prol da diversidade:
 

Xoves, quinta feira, 4 de maio ás 20 horas na praza 8 de marzo

 
Venres, sexta feira, 5 de maio ás 12 horas na Praza do Obradoiro

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...