Novas por contido

No DOG núm. 89 do mércores 10 de maio de 2017  publicase a resolución pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís da localidade onde presta servizos. Dúas novidades moi importantes, a obriga de presentar electrónicamente e extensión da reserva de prazas ao persoal de todas as xefaturas territoriais. As escolas infantís dispoñibles son as seguintes:

  • Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.
  • Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.
  • Escola infantil Catabois en Ferrol.
  • Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.
  • Escola infantil Antela en Ourense.
  • Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.
  • Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: 11/05/2017 a 20/05/2017.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...