Novas por contido

O martes 10 de abril de 2018, convocounos o xerente da AMTEGA a unha xuntanza o vindeiro día 12 de abril para tratar unha modificación da súa Relación de Postos de Traballo. Como no día da marmota, volven a amortizar postos de niveis baixos para crear xefaturas de sección e volven modificar un posto para "colocar" a un amigo, o mesmo posto que abriron a administración local no 2016 (agora queren "enchufar" a un docente, será alguén da URJC?).

Tamén queren "colocar" a alguén procedente do SERGAS, e para iso modifican a Xefatura de Departamento de Modernización Admon. de Xustiza para abrila a persoal estatutario. Aproveitan para pasar a LD dúas xefaturas de sección de nivel 25 (unha que xa existía e a outra de nova creación), supoñemos que para seguir "colocando" máis amigos.

Estamos dende xuño de 2015 (ver nova de febreiro de 2016) a espera da homologación salarial do persoal informático. Foi o xerente quen nos dixo que nos convocaría en marzo de 2016 para solucionar esta situación que se remonta ao ano 1993. Desde entón, en repetidas ocasións este sindicato solicitou unha reunión.

Por iso, CIG, CCOO, CSIF e UGT plantámonos, e para continuar coa tramitación desta RPT, esiximos unha convocatoria inmediata a unha reunión específica para solucionar xa a homologación salarial do persoal informático da AMTEGA, onde traballadores que realizan o mesmo traballo están a cobrar diferente.

Así mesmo pedimos que non se esquezan outras cuestións pendentes como:

  • Concurso de traslados. O último resolveuse o 1 de abril de 2014, hai xa catro anos. Teremos que agardar oito anos coma pasou a última vez?
  • Conciliación familiar. As resolucións de flexibilidade horaria por conciliación (ao igual que as de teletraballo) son un copia-pega. Non se ten en conta o que piden os traballadores e non se está permitindo acumular xornadas.
  • Teletraballo. Por que continúan concedendo só unha xornada cando o persoal solicita tres xornadas por semana.
  • Centros de destino na RPT. Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.
  • Denuncia ante inspección de traballo en Ourense.
  • OPE Informática. Mentres na AGE convocaron este ano 455 postos do C1 de informática, a AMTEGA dedícase a amortizar e externalizar.

Contigo e coa CIG, a loita continúa! 

Outras novas recentes

Venres, 27 Febreiro 2026

Apertura de listas de substitucións para a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a...
Mércores, 25 Febreiro 2026

Nova reunión a tres en Medio Rural: máis do mesmo para gañar tempo e dividir ao persoal do SPIF

A Consellaría do Medio Rural volve reunir a CCOO, UGT e CSIF nun novo encontro á marxe dunha mesa formal de negociación, deixando fóra á CIG, sindicato maioritario. Non é un feito illado: é unha dinámica repetida que busca dividir ao persoal, crear titulares e gañar tempo sen afrontar unha negociación real. As organizacións que se prestan a este xogo actúan como cobertura...
Xoves, 19 Febreiro 2026

Convocatorias de concursos de traslados: expertas lingüístas e escala técnica de estatística

No DOG do 19/02/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de expertos/as...