Novas por contido

A CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo e Seguridade Social de Ourense denunciando que a AMTEGA se nega a aplicar as medidas contempladas no Plan de Acción.

No Departamento Provincial de Ourense da AMTEGA ubicado no Edificio Administrativo da Xunta en Ourense, prestan servizo 12 traballadores da AMTEGA e 2 persoas de asistencia técnica externa da empresa Plexus. Non se respectan as medidas  preventivas mínimas que garantan a seguridade, a saúde e a propia vida das persoas que nel se encontran, ben sexan traballadores, ben sexan visitas externas (outros empregados públicos).

Este incumprimento reflíctese nos seguintes feitos:

  • O persoal atópase apiñado (tivéronlle que comprar mesas máis pequenas para que entrasen no espazo dispoñible).
  • Para poderen acceder ao seu posto algúns compañeiros, teñen que erguerse os outros.
  • As vías de paso úsanse para almacenar equipos informáticos e impresoras.
  • O persoal non dispón de espazo suficiente para realizar tarefas de reparación e mantemento de equipos.
  • A distancia entre o bordo da mesa e a parede detrás do traballador non chega ao mínimo de 115 cm.
  • A altura do teito non chega aos 2,5 m.
  • Debido a que se atopa no derradeiro andar prodúcense cambios bruscos de temperatura (en inverno a primeira hora vai frío, e a media mañá, se lle dá o sol, é preciso abrir as fiestras). A temperatura interior no posto de traballo no verán chega a superar os 30ºC.
  • O ruído ambiental por ter a carón as unidades externas dos acondicionadores do ar doutros organismos (IGAPE, Servizo de Deportes, Servizo Emerxencias, Aula de Cursos, Informática) .
  • Que cando hai choiva prodúcense filtracións de auga polo tellado que provoca humidade visible no teito e nas paredes con mofo e descascamento.
  • Os traballadores non están informados da súa avaliación de riscos laborais dos traballos de campo.
  • Os traballadores non teñen información de seguridade sobre a manipulación de tóner nin aspiradores con filtros de tóner marcados na avaliación de riscos.

Elaborouse por parte da técnica de prevención de MUGATRA un Plan de Acción no que se establecen unhas actividades preventivas con medidas a implantar.

Entre elas:

  • A distribución dos niveis de iluminación será acorde o marcado no R.D. 486/97 de lugares de traballo, aumentar a iluminación.
  • Revisar, en toda a área de traballo, o cumplimento do R.D. 486/97 sobre as disposicións mínimas de seguridade e saude nos lugares de traballo, en especial o que se refire a: Espacios de traballo, superficie libre para cada traballador, volume non ocupado polo traballador, e iluminación no porto de traballo.
  • Incorporación de outro equipo extintor dotado de axente extintor CO2
  • Revisar a sinalización dos equipos extintores.
  • Realizar unha medición específica do ruido.
  • Proporcionas aos traballadores ficha de seguridade do tóner e aspirador con filtros para tóner.

A día de hoxe estas medidas previstas no plan de acción están sen executar. Ante a falta de solución a estos problemas, a CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo para que se obrigue a AMTEGA a que cumpra a normativa en materia de prevención de riscos laborais e actúe con absoluta inmediatez para corrixir as graves deficiencias atopadas.

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Martes, 28 Outubro 2025

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2, C1 e C2

No DOG do 28/10/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade  A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do...