Inicio
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente.

As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na primeira xuntanza. A ausencia por enfermidade do director xeral e a incapacidade do subdirector para concretar un ...


Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos.

Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos esenciais para a cidadanía e que na súa meirande parte están en mans de empresas privadas pero pagados ...


Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a consellería convocounos a unha xuntanza para tratar de ultimar os cambios.

Despois de que a consellería explique as últimas ...


Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais. 

O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado fóra da mesa de negociación. Na CIG consideramos que este anuncio non pode substituír o diálogo nin pechar un proceso ...


Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos de galego impartidos pola EGAP e converter a media xornada e os 7 meses de traballo do persoal lingüista en xornada ...


Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades específicas de cada centro. 

A CIG leva as tarefas feitas, e  xa enviamos, o que pode ser a  base, para comezar a traballar ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data.

ASUNTO: O que se considere oportuno
CORPO:
Ola,
Precisamos avanzar cara a un sistema público galego de servizos de atención ás persoas, que garanta ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data!

Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente e facer que negocian.

Esta falta derespecto ás organizacións sindicais e ás traballadoras e traballadores é inadmisible.

...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín:

- E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión

- Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF

- Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos)

- Movementos tras o concurso ou destino definitivo

- Persoal non docente: chegou o momento de negociar

Descargar


Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite.

Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría. 

Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un menosprezo continuado no tempo a quen mantén en pé todos os servizos nos diferentes centros de traballo. 

No Consorcio, o ...


Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade.

A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente:

As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo 1.3.d) do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Persoal Empregado Público, asegurarán o cumprimento das ...


Este incumprimento reflíctese nos seguintes feitos:

  • O persoal atópase apiñado (tivéronlle que comprar mesas máis pequenas para que entrasen no espazo dispoñible).
  • Para poderen acceder ao seu posto algúns compañeiros, teñen que erguerse os outros.
  • As vías de paso úsanse para almacenar equipos informáticos e impresoras.
  • O persoal non dispón de espazo suficiente para realizar tarefas de reparación e mantemento de equipos.
  • A distancia entre o bordo da mesa e a parede detrás do traballador non chega ao mínimo de 115 cm.
  • A altura do teito non chega aos 2,5 m.
  • Debido a que se atopa no derradeiro andar prodúcense cambios bruscos de temperatura (en inverno a primeira hora vai frío, e a media mañá, se lle dá o sol, é preciso abrir as fiestras). A temperatura interior no posto de traballo no verán chega a superar os 30ºC.
  • O ruído ambiental por ter a carón as unidades externas dos acondicionadores do ar doutros organismos (IGAPE, Servizo de Deportes, Servizo Emerxencias, Aula de Cursos, Informática) .
  • Que cando hai choiva prodúcense filtracións de auga polo tellado que provoca humidade visible no teito e nas paredes con mofo e descascamento.
  • Os traballadores non están informados da súa avaliación de riscos laborais dos traballos de campo.
  • Os traballadores non teñen información de seguridade sobre a manipulación de tóner nin aspiradores con filtros de tóner marcados na avaliación de riscos.

Elaborouse por parte da técnica de prevención de MUGATRA un Plan de Acción no que se establecen unhas actividades preventivas con medidas a implantar.

Entre elas:

  • A distribución dos niveis de iluminación será acorde o marcado no R.D. 486/97 de lugares de traballo, aumentar a iluminación.
  • Revisar, en toda a área de traballo, o cumplimento do R.D. 486/97 sobre as disposicións mínimas de seguridade e saude nos lugares de traballo, en especial o que se refire a: Espacios de traballo, superficie libre para cada traballador, volume non ocupado polo traballador, e iluminación no porto de traballo.
  • Incorporación de outro equipo extintor dotado de axente extintor CO2
  • Revisar a sinalización dos equipos extintores.
  • Realizar unha medición específica do ruido.
  • Proporcionas aos traballadores ficha de seguridade do tóner e aspirador con filtros para tóner.

A día de hoxe estas medidas previstas no plan de acción están sen executar. Ante a falta de solución a estos problemas, a CIG presentou unha denuncia perante Inspeción de Traballo para que se obrigue a AMTEGA a que cumpra a normativa en materia de prevención de riscos laborais e actúe con absoluta inmediatez para corrixir as graves deficiencias atopadas.