Inicio
Venres, 22 Novembro 2024

Probas físicas nos procesos do SPIF: a Xunta no canto de informar a lía parda

O día 21/11/2024, a Dirección Xeral de Emprego Público colgou unha nota informativa na súa páxina web sobre a proba física de varias categorías dos procesos do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais SPIF).

Dado que esta nota é incompleta, xera dúbidas e dela se poden derivar graves consecuencias, dende a CIG vimos de reclamarlle hoxe á DXEP que con carácter de urxencia:

• Se publique o listado das persoas que están obrigadas a acudir á mesma. • Que se indique a hora e ...


Xoves, 21 Novembro 2024

Rueda esnaquiza a GAIN, mentres Economía, Educación e Igape se reparten persoal, funcións e competencias

A reestruturación da Xunta de Galiza lévase por diante á GAIN e ao seu persoal

Os secretarios xerais técnicos da Consellaría de Economía e Industria e da Consellaría de Educación convócannos o luns 18 de novembro de 2024 aos sindicatos a unha xuntanza “informativa”, sen opción a negociar ningún aspecto, e a 12 días de  efectuar os traspasos de traballadoras e traballadores (1 de decembro de 2024).

Nada máis recibir a convocatoria da xuntanza, dende a CIG solicitamos o acceso á ...


Luns, 18 Novembro 2024

A Xunta quere probas físicas unisex para o servizo de incendios

A CIG ven de presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) reclamando a equiparación no criterio de superación da proba física entre o persoal bombeiro/ a forestal do SPIF, o persoal técnico de defensa contra incendios forestais e o persoal axente técnico de xestión ambiental.

Nas convocatorias publicadas destas escalas e categorías estableceuse unha diferenciación entre homes e mulleres no tempo permitido para a superación da proba ...


Venres, 15 Novembro 2024

A Xanela. Boletín especial de centros de ensino. Outubro/2024

Pomos a túa disposición este boletín especial dirixido ao persoal de administración e servizos nos centros de ensino. Descargar

Facemos un repaso pola situación das diferentes escalas e categorías do persoal funcionario e laboral que traballa neses centros.

  • Cada quen fala da feira como lle vai nela
  • Prevención de riscos laborais nos centros de ensino. Roupa e calzado de traballo. Deficiencias nas instalacións
  • Caballeros mutilados, útiles, de guerra por la patria. Xornada e horario do ...

Venres, 15 Novembro 2024

A CIG-Autonómica dá por rematada a súa presenza en X-Twitter como rexeitamento á alianza fascista Trump-Musk

A decisión vén motivada polo apoio incondicional do dono desta rede social, o magnate Elon Musk, a TrumpA “victoria” de Donald Trump e o apoio millonario de Elon Musk á súa reelecciónDonald Trump vai tomar posesión como novo presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2025, despois de gañar de novo as eleccións á Casa Branca o martes 5 de novembro, cunha victoria tan rotunda como imprevista fronte á demócrata Kamala Harris. Porén, outro “gañador” por partida dobre deses ...


Venres, 08 Novembro 2024

Os servizos centrais do Consorcio, desprezados polo xerente & cía

Tras unha xuntanza entre a secretaria xeral técnica, o xerente do Consorcio e Función Pública, todas as traballadoras dos servizos centrais teñen que enterarse das súas datas de cese ao filtrarse a información.

Que a transparencia non se lle dá ben ao Consorcio é coñecido por todos/as, pero están conseguindo acadar niveis espectaculares na súa incapacidade de xestión.

Nesta ocasión as afectadas son as traballadoras/es dos servizos centrais do Consorcio que no día de hoxe recibiron un ...


Mércores, 06 Novembro 2024

O xerente do Consorcio seguindo a estela de Feijóo: a mentira no argumentario

Dan o dito por non dito, e listo!!

Representantes do Comité Intercentros e dos comités de empresa de Política Social reuníronse o 31 de outubro con representantes da Consellería e do Consorcio. A reunión solicitáraa o Comité Intercentros para tratar as condicións de traballo e de prestación do servizo nas escolas infantís, tanto da Axencia Galega de Servizos Sociais como do Consorcio.

Na reunión, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, expuxo unha proposta sobre unha das ...


Luns, 04 Novembro 2024

CIG pide información sobre o desprazamento de persoal empregado público a Valencia

En resposta ao desastre producido pola DANA de Valencia, a Xunta de Galiza está a solicitar persoal voluntario entre o persoal das consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente e Cambio Climático. A información foi anunciada á prensa, e está a circular por grupos de whatsapp.

A CIG-Autonómica está conforme coa necesidade de axudar ás persoas damnificadas e a restablecer os servizos públicos, pero como representantes dos traballadores e traballadoras ao servizo da Administración de Galiza, ...


Luns, 04 Novembro 2024

A promoción interna da escala de vixiantes de estrada, agocha unha privatización?

En xuño do 2022 foi convocada a promoción interna separada para a escala de vixilancia de estradas (C1), á que se podía presentar o persoal laboral fixo da categoría IV-031 (legoeiros). O proceso incumpre o que pactamos, e podería egochar un intento de privatización da vixilancia das estradas.

Un acordo que comprometía a creación de prazas

As organizacións sindicais e a Xunta negociamos un acordo e unha posterior addenda sobre o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (ano 2018). ...


Xoves, 31 Outubro 2024

A CIG acada o compromiso da Consellería do Mar para a avaliación de riscos laborais por posto do Servizo de Gardacostas de Galiza

Na reunión de Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar deste pasado luns 28 de Outubro, a vicesecretaria xeral da Consellería confirmounos que no ano 2025 realizaranse as avaliacións de riscos laborais nos postos de patrón, mecánico e axente do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Esta era unha reivindicación da CIG dende hai moito tempo xa que estamos diante dun colectivo susceptíbel de accidentes laborais con resultado de baixa e baixas derivadas de doenzas crónicas ...


Xoves, 31 Outubro 2024

Por qué pensa a Xunta que o persoal docente sabe cales son as funcións do persoal de cociña e limpeza?

No DOG do 30/10/2024 sae publicada a Resolución pola que se nomea ao tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de  persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña e OHH SORPRESA, todos/as os/as membros menos 1 do tribunal titular son persoal docente e no tribunal suplente, dous dos seus 5 membros tamén o son.Creo que A Xunta aínda non se decatou de que este persoal xa non presta os seus servizos unicamente en ...


Na CIG vamos deixar o sindicalismo e adicarnos as ciencias ocultas. As nosas facultades de adiviñación non nos faiaron no caso do posto “Xefatura de departamentos de sistemas”  da AMTEGA. A xunta fixo fai pouco unha modificación da RPT da AMTEGA a medida abrindo este posto a administración local.

Xa podemos confirmar que lle deron o posto, cunha comisión de servizo, a persoa do Concello de Santiago que habíamos vaticinado.  

Na CIG non temos nada en  contra da apertura de postos a outras administracións pero sempre que exista reciprocidade.

Esta maneira de cubrir postos traendo xente de outras administracións supón un insulto e menosprezo ao persoal propio.

Mentres a AMTEGA segue pasando do seu persoal, estamos a espera de: convocatoria de concurso de traslados, homologación salarial persoal laboral, teletraballo, externalizacións...