Novas por contido

O día 19/06/2018 tivemos unha reunión previa a mesa xeral do mércores 20/06/2018. Inesperadamente, porque estaba fora da orde do día, aparece o xerente de AMTEGA e, conxuntamente co DXFP cóntanos que van enviarnos unha modificación da súa RPTconsistente en:

  • Adaptar a RPT ás áreas funcionais e ás titulacións da LEPG.
  • Abrir unha xefatura de departamento a Admón. de Xustiza e outra a docente.
  • Crear 3 seccións, das que dúas serían a prover mediante LD.
  • Amortizar 4 postos (2 laborais vacantes por xubilación, 1 operador, 1 sección vacante).

A CIG denuncia que a inclusión deste asunto é unha encerrona, que nun rápido vistado sobre a marcha observamos que a proposta que traen é moi similar a unha anterior de abril e á que os catro sindicatos nos negamos a asistir advertíndolle que non nos sentariamos con AMTEGA ata que solucionasen a homologación dos informáticos que está pendente dende fai anos. E tratándose dunha proposta similar, non vemos razóns para non mudar o noso criterio.

O xerente da AMTEGA, José Luís Somoza Digón, xunto co director de Función, José María Barreiro Díaz, “fulminan” o dereito de negociación colectiva dos traballadores da AMTEGA levando directamente a mesa Xeral unha RPT “sen negociación” previa.

A Xunta de Feijoo acostuma (no seu afán de aforrar) amortizar os postos vacantes por abaixo, non hai máis que ver as últimas modificacións de RPTs doutros organismos. As amortizacións na Axencia Modelo de Total Externalización en Galiza (AMTEGA) é o pan de cada día: PRIVATIZAR. Fai uns días que Feijoo acaba de asinar una acordo coa empresa INDRA para “colocar” entre 35 e 50 externos máis na cidade da cultura.

Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.

Para continuar coa tramitación desta RPT, esiximos unha convocatoria inmediata a unha reunión específica para solucionar xa a homologación salarial do persoal informático da AMTEGA, onde traballadores que realizan o mesmo traballo están a cobrar diferente.

Mentres noutras administracións se incrementou a oferta pública de postos de traballo nos últimos anos, na Xunta é inexistente. Na OPE do 2018 a AGE convocou 800 postos de persoal funcionario informático!

Compañeiro informático da Xunta, o próximo posto a amortizar pode ser o teu!!! Desde a CIG seguiremos loitando para reivindicar os dereitos de todos os traballadores da AMTEGA e dignificar o traballo do persoal informático que presta servizos na xunta.

Contigo e coa CIG a loita continúa!

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...