Novas por contido

Comeza a andar o grupo de traballo para a elaboración dos pregos de roupa, un ano despois do previsto e logo de ter presentado achegas e numerosas queixas por parte das OOSS polas carencias e incumprimentos así como a pésima calidade do escaso material reposto nos últimos 10 anos.

Este grupo de traballo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral esta conformado por un delegado de prevención de cada organización sindical e as xefaturas provinciais.

A roupa de tarballo e calzado, polas características de traballo no exterior, de identificación perante os cidadáns, de riscos biolóxicos e penetración de espiños, que ten que ser portada durante toda a xornada...son un Equipo de Protección Individual imprescindible para o persoal que traballa nos nosos montes e ríos ademais dos centros como recuperación de animais ou parques naturais... Porén o persoal técnico non esta no primeiro documento nin se prevé a súa dotacion inmediata dende a consellería polo que, dende a CIG reiteramos este EPI para todo o persoal que fai tarefas de campo segundo a avaliación de riscos laborais, como tamén xa o temos demandado no CSSL da CMAOT e nas achegas presentadas aos documentos iniciais.

Aínda que no grupo de traballo se vai a elaborar un prego completo de prendas para todo o persoal, laboral e funcionario, xa nos avisaron de que logo virán coas rebaixas dende a Secretaría Xeral xa que o orzamento é ridículo: 260.000 euros para todo o persoal.

Avances da primeira xuntanza do grupo de traballo de roupa:

  • Criterios de calidade iguais para todo o persoal,características de roupa técnica tipo de “montaña”, pezas a definir (non o numero que depende do orzamento), e xa fixemos un primeiro repaso a cada unha das pezas básicas nas que quedaron claras as condicións de calidade e protección desexadas de xeito unánime.
  • A partir de aquí elaborarase un borrador de prego que será revisado polos responsables de contratación.
  • Os axentes medioambientais teñen un Acordo de uniformidade no que se regulan as prendas e o seu numero, identificación e imaxe corporativa.. polo que, acordamos que este prego de prescricións técnicas se adapte a dito acordo e así non deixar fóra de dotacións a estes compañeiros e que teñan concordancia co resto da escala que esta na consellería de Medio Rural.
  • Dende a CIG solicitamos a maior definición posible neste prego das características técnicas das prendas e que non se rebaixe ou limiten as condicións na mesa de contratación para non repetir a mala experiencia das anteriores. Tamén pulamos pola calidade e polivalencia xa que por exemplo unha prenda altamente transpirable pode ser portada con maior rango climático e, é mellor unha prenda boa que tres malas..

Os EPIS complementarios para tarefas ou zonas determinadas (embarcacións, alta montaña, pesca eléctrica...) recorda que teñen que ser solicitados específicamente nos servizos provinciais xa que son as xefaturas territoriais as responsables da dotación.

Non tes EPI? Solicítao perante a túa xefatura. Traballa protexida, traballa mellor...

Se tes calquera cuestión ponte en contactos cos teus delegados na CIG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...