Novas por contido

(video do Comité de Folga)

O Comité de folga de axentes forestais e medioambientais decidiu desconvocar a folga indefinida na parte de Conservación da Natureza (medio ambiente). Mantense a folga indefinida que comezou o mércores 1 de agosto. O Comité de folga espera a prometida nova proposta da Administración que inclúa as principais reivindicacións das organizacións sindicais.

Ao remate da xuntanza que tivo lugar o martes 31 en San Caetano, a Xunta segue a presentar unha proposta “abusiva e desigual” entre o persoal adscrito á Consellaría de Medio Ambiente e o que traballa para a de Medio Rural.

Ademais, non acepta ningunha das reivindicacións que motivaron a convocatoria de folga: non define a segunda actividade nin os coeficientes redutores da idade de xubilación en base a penosidade, toxicidade, turnicidade e especial responsabilidade dos axentes; non acepta a equiparacións salarial dentro do complemento específico que retribúa as características especiais destes/as funcionarios/as; segue sen atender demandas básicas como a seguridade e saúde laboral; non ten en conta a posibilidade de conciliación laboral e familiar; sostén que non existe exceso horario, baseando esta afirmación en cadros teóricos e non en reais, etc.

A CIG critica que o ton xeral da xuntanza fose de “falta de respecto, mala fe negociadora e actitude despectiva” e trasladou o malestar do comité de folga (CIG e UGT) pola actitude da Xunta e polo seu pouco afán negociador. Pola contra, "o comité de folga si que temos vontade de chegar a un acordo porque entendemos que a sociedade non pode permitirse a perda dun servizo público esencial”.

O comité de folga acordou adiar a folga no caso do persoal do Servizo de Conservación da Natureza (axentes medio ambientais), “pero non só para garantir o servizo, senón tamén a seguridade e a protección destes/as traballadores/as, xa que os servizos mínimos só fixan unha persoa por día”. Neste senso, lembramos que aínda están pendentes de que o xulgado decida sobre a denuncia presentada a respecto destes servizos mínimos, “para que sexan fixados atendendo a realidade do servizo”.

A suspensión da folga sería por un día, “á espera de que mañá a Xunta nos presenta unha nova proposta que, segundo adiantaron, recollerá algunhas das nosas reivindicacións”. Mentres, a convocatoria de folga do persoal de Medio Rural continúa sen cambios (pasando a ser indefinida a partir deste mércores día 1.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...