Novas por contido

Comunicado do comité de folga dos axentes forestais e ambientais da Xunta ante o acontecido no incendio forestal provocado pola caída de dous raios este mércores 22 de agosto no Parque Natural do Invernadoiro, en Vilariño de Conso, Ourense:

  1. Cando se produce o incendio no parque só hai un capataz de establecemento, un capataz de brigada e un peón, pero ningún axente forestal ou axente facultativo medioambiental. Ningún dos traballadores/as que se atopan alí nese momento teñen a condición de axente da autoridade, e iso que hai dous anos se amortizou unha praza de axente nese parque.
  2. Os traballadores/as chaman ao 085 para avisar en canto detectan o lume, pero contéstanlles que xa están sobre aviso e que o incendio é en Chandrexa de Queixa. Entón os traballadores/as buscan cobertura e conseguen chamar o axente que está destinado no parque (que está en día de descanso) e coméntanlle o que esta a pasar. O axente chama o distrito e avisa de que o lume está dentro do parque. Por falta de cobertura e porque as emisoras da Consellaría de Medio Ambiente non están configuradas co sistema Tetra do distrito, unha operación que leva segundos demorouse case media hora.
  3. O persoal que está no parque non ten o EPI preciso para incendios forestais.
  4. Ao incendio desprázanse voluntariamente dous axentes da Consellaría de Medio Ambiente destinados no distrito XIV e outros dous de Ourense. Todos sen EPI de incendios e con emisoras Tetra que non teñen gravadas as canles de extinción do distrito nin as de incendios, así que estas emisoras só lles serven para comunicarse entre eles, pero non co resto dos traballadores/as de extinción.
  5. As emisoras Tetra da Consellaría de Medio Ambiente son de nova adquisición e non teñen gravadas as canles de incendios nin teñen unha centraliña coa que comunicarse en caso de emerxencia. Ademais, o persoal ao que se lles entregou non foi formado para a súa utilización.
  6. Non existe un protocolo de actuación de incendios dentro do parque mediante o que se coordinen as Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, o que supón un perigo engadido para todos/as os traballadores/as que participan na extinción.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...