Novas por contido

Na Mesa Xeral do 12/06/2009 o director xeral de Función Pública comprometéuse a ampliar o prazo para a integración das persoas da escala de axentes forestais na escala de axentes facultativos medioambientais. Posteriormente e coa modificación reaccionaria da LFPG, emprega este tema, que xa estaba comprometido, para dar imaxe de “negociador” con UGT e CSIF.

Con tanta modificación de calado sobre a Lei de Función Pública de Galicia, a bastantes persoas, quitando ás propias interesadas, lles pasaría desapercibida como se engadiu no texto final aprobado na Comisión de Persoal do 18/10/2010 un artigo que se titula: “Escala de axentes facultativos medioambientais”. A que vén está mofidicación posterior? É unha das poucas cousas boas que se engadiron? Sí pero non.

A historia vén de 2006, cando por lei se crea a escala facultativa de axentes medioambientais e se modifica a lei 2/2000, de creación da escala de axentes forestais. Neste modificación se abre a posibilidade para que as persoas da escala de axentes forestais se integren na recén creada escala de axentes facultativos medioambientais, sempre e cando cumpran unha serie de requisitos. Esta integración parte da lóxica do traballo realizado polos axentes forestais que está máis preto do corpo de axudantes facultativos que do de auxiliar técnico.

Na negociación do segundo e último proceso selectivo para esa integración, e ante o impulso da CIG, o director xeral de Función Pública comprometeuse a modificar a data límite de 2009 para facilitar a integración de todas as persoas axentes forestais. Ese compromiso figura nas actas da Mesa Xeral do 12/06/2009, na que se aprobou a última convocatoria de integración que marcaba a lei de 2006.

Pero para facer real este compromiso esixíase unha norma con rango de lei. Conscientes disto, a CIG reuniuse co director en outubro do 2009 para recordarlle o seu compromiso, ao que o director xeral volveu a asentir. Antes do verán do 2010 e como non tiñamos novas do asunto, voltamos a requirir unha xuntanza do director xeral á que nunca máis tivemos contestación.

E cal é a sorpresa que nunha importante modificación da Lei de Función Pública, na que cabería atoparse no primeiro borrador esta promesa adiada, non aparece. Curiosamente, metérona despois de facer a suposta negociación con UGT e CSIF, dando a entender: 1) o director xeral, que este era un punto de cesión da súa parte (cando xa estaba máis que negociado vai máis dun ano) e 2) as outras centrais sindicais, que foi un logro propio.

De todos os xeitos, aínda así o compromiso non foi plasmado tal e como fora acordado senón peor. En 2009 acordamos un mínimo de 4 convocatorias (2 xa estaban feitas) e agora observamos na modificación que aparece un máximo de 4 convocatorias; isto quere dicir que Función Pública podería convocar só 1 volta máis ou incluso cero xa que “máximo” non implica a obrigación de facer ningunha máis.

Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar este dobre xogo do director xeral da Función Pública que emprega nunha negociación lesiva de dereitos do seu persoal aspectos aos que xa se comprometera anteriormente.  Do mesmo xeito, lamentamos que as centrais sindicais “negociantes” vendan este logro como algo propio cando xa estaba comprometido vai máis dun ano.


Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...