Novas por contido

Ante as declaracións na prensa dos responsables da Dirección Xeral da Función Pública, xustificando as reformas previstas na Lei da función pública na reorganización dos "chiringuitos" ou entes paralelos á Administración autonómica, desde a CIG-Autonómica manifestamos o seguinte:

  1. É falso que as novas formas de mobilidade forzosa para persoal funcionario estean deseñadas para facilitar a reorganización dos entes paralelos á Administración ou "chiringuitos". De ser certo ese argumento, a nova mobilidade forzosa tería a forma de disposición transitoria na lei, explicitando que só para ser aplicada aos casos moi minoritarios de funcionarios destinados en tales entes. A realidade é que se inclúe un novo artigo 30 bis na LFPG, con eficacia xeral, e que poderá ser utilizado arbitrariamente pola Xunta con criterios de afinidade política e/ou persoal para castigar ou premiar con traslados aos funcionarios de carreira.


  2. Na mesma liña, o novo artigo 50 bis outorga ao Consello da Xunta de Galicia a capacidade para rehabilitar a funcionarios corruptos condenados a penas de inhabilitación. Con esta modificación, combinada coa libre designación política das Xefaturas de Servizo, responsables da tramitación dos procedementos administrativos, o Partido Popular transforma unha Administración pública independente e ao servizo da cidadanía nunha Administración ao seu servizo, onde primarán os intereses particulares e de partido.

  3. Especialmente grave é a modificación do artigo 2 da Lei 9/1996 de incompatibilidades dos membros da Xunta e altos cargos da Administración, no que se exclúe ao persoal eventual, é dicir, aos membros dos Gabinetes nomeados a dedo polos conselleiros. Agás os xefes de Gabinete, o persoal asesor de confianza dos conselleiros poderán traballar fóra da Administración, a pesar de ter informacións privilexiadas polo posto que ocupan.


En conclusión, desde a CIG-Autonómica consideramos que é rotundamente falso que nin estas nin as outras medidas que se van aprobar vaian supoñer aforro orzamentar: coa excusa da crise económica, o que busca esta reforma é configurar unha Administración autonómica á medida do Partido Popular. O PP non quere como xefas e xefes de Servizo a persoal funcionario independente que tramiten, por exemplo, contratacións, axudas ou subvencións a empresas de acordo coa legalidade, senón ou a persoas dispostas dispostas a prevaricar, que no caso de seren condenadas pola Xustiza poderán ser rehabilitados con criterios políticos polo Consello da Xunta.


Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...