Novas por contido

E posible que ás mentes ben pensantes , e deso ten que haber moito nesta terra, non se lle pase pola cabeza que ten que haber un erro para que incorporaren 21 veterinarios procedentes da consellería do Medio Rural á Subdirección de Gardacostas na “zona costeira” de Santiago de Compostela para que velen dende lonxe e a unha distancia prudencial das industrias, as empresas e demais axentes relacionados cos produtos pesqueiros, pola protección da saúde pública e da seguridade dos produtos pesqueiros.

Funcional e económicamente que os inspectores/as veterinarios/as se teñan que desprazar centos de de kilometros para realizar o seu traballo é dunha operatividade impresionante e que as empresas que teñan que facer algunha tramitación de documentos como por exemplo o “TRACES” certificado o documento sanitario que acompaña a los animales e os productos de orixen animal nos casos dos intercambios intracomunitarios, se teñan que desprazar a Santiago, suporalles un perda de tempo importante e os correspondentes custos económicos.

O actual goberno do PP na Xunta de Galicia, pola man da consellería de Mar afirma na presentación dun informe de furtivismo o día 7 de xuño de 2011 que incorporará 22 novos veterinarios ao Servizo de Gardacostas, hai que recordarlle que os veterinarios non poden ser integrados no Gardacostas e que o decreto que recolle as súas funcións non dí nada de que entre elas estea a loita contra o furtivismo, xa que non son axentes da lei.

Está modificación desregula un aspecto básico das condicións de traballo do persoal veterinario como é a localización dos postos, impoñendo unha localización nos Servizos Centrais que é manifestamente incompatible co desenvolvemento das tarefas de inspección no eido de Acuicultura, actividade esta que loxicamente se desenvolve na xeografía costeira do noso país.

A CIG, despois das xuntanzas que, xunto cas outras centrais representativas do persoal veterinario da Xunta de Galicia, mantivo durante o mes de xullo coa Administración, e onde quedaron afogadas as poucas esperanzas de enmendar a proposta da Consellaría do Mar, quere facer público, da mesma maneira que xa o fixo diante dos representantes da Administración, que o uso de criterios de eficiencia económica e operatividade para xustificar esta modificación pon de manifesto a non planificación dos controis veterinarios recollidos na normativa europea en relación as competencias que a Consellería do Mar ten en seguridade alimentaría, sanidade e benestar animal e control da cadea alimentaria e que a “austeridade” que tanto defende o Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijo neste caso queda en entredito, xa que aumentan os gastos tanto en coches , alomenos un por inspector/a, como en quilometraxe, combustible etc..

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...