Novas por contido

Estes dous temas irán á vindeira Comisión de Persoal. Na última xuntanza informal do 18 de xullo se nos informou dos cambios aceptados pola Administración á raíz das diferentes alegacións presentadas.

Informa o director xeral de Función Pública do seguinte

  • Haberá fase de resultas, aínda que terá que facerse manualmente e pode causar atraso na resolución do concurso sobre todo por parte da Consellería de Sanidade xa que nos postos só chegan as zonas e non a localidade.

  • Saen ao concurso as 8 xefaturas de area de Medio Rural, e entre mañá e pasado procederse ao cese das persoas que ocupan eses postos, e incluiranse no buzón do concurso que se achegara o mais axiña posibel.

  • Que a modificación da estrutura orgánica da Consellería do Mar irá ao consello este xoves

  • Que se convocará a comisión de persoal este mercores día 20

  • Se suprime o posto do FOGGA nivel 20 do concurso por problemas (non explican cales) e que como ten un nivel tan baixo consideran que non é importante que saia.


Desde a CIG-Autonómica manifestámonos en desacordo con:

  • Non negociar o decreto de funcións do persoal veterinario nin as condicións de traballo dos postos da Consellería do Mar antes de negociar a reforma da RPT. A orde lóxica tería sido primeiro reformar o decreto, despois as RPTs e, por último, convocar o concurso de traslados.

  • Impoñer os ámbitos de actuación nas RPTs como a  localización nos Servizos Centrais da Consellería do Mar e as áreas en Medio Rural  en contra da norma vixente (decreto 200/1991).

  • Non ter en conta o resto de alegacións o que produce unha incerteza no persoal que vai a concursar sobre todo en relación aos postos da Consellería do Mar.


O director xeral xustificase dicindo que eses aspectos negociaranse en setembro ( decreto de funcións e a orde de condicións de traballo da Consellería do Mar), e que as funcións están recollidas no borrador e non van a cambiar aspectos importantes.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...