Novas por contido

O martes 5 de xullo de 2011, a Dirección Xeral da Función Pública (en diante DXFP) FP mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais representativas para tratar o futuro concurso de traslados do persoal veterinario e a reforma das Relacións de Postos de Traballo do persoal veterinario das consellerías de Medio Rural, Sanidade e Mar e o día seguinte convoca outra reunión.

Función Pública indicou que esta non será a última reunión antes de levar estes documentos a mesa xeral e que o lúns día 11 será o prazo límite para presentar alegacións o tema das bases do concurso de traslados.


Concurso de traslados de persoal veterinario:


O DXFP comunicounos as seguintes cuestións:

1- Vanse ofertar 358 vacantes: informouse de que hai 258 prazas vacantes e 238 persoas que poden concursar.

Os criterios do concurso serán idénticos os que se seguirán na admon xeral, especialmente no tocante a xente que se ocupa en destino provisional. Únicamente no tema numérico a hora de valorar criterios específicos pódese tocar algo.

2- A previsión da Administración é convocar o concurso de traslados durante o presente mes de xullo, pero que se poidan presentar as solicitudes ate principios de setembro, tendo en conta que nos atopamos nun período estival. En ningún momento se fala de cando se ia a resolver.

O DXFP informa que unhas 10 prazas das cales 2-3 están nun centro de Lourizán non sairán neste concurso, pero si sairán no de corpos especiais. Ollo so poderán optar a estas a xente que non concurse agora pola restrición de 2 anos de permanencia da praza que se establece o DL 1/2008.

Seguen a manter que este concurso non está previsto a fase de resultas, pero van a darlle outra volta xa que as OOSS insisten en que vai a ser pouca xente a que vaia a esta fase.

RPTs de persoal veterinario de Mar, Sanidade e Medio Rural:

O DXFP non menciona en ningún momento o Acordo de mellora para o persoal veterinario de 2008 asinado pola CIG e UGT.

Tamén se nos informou das seguintes cuestións:

1- Coa documentación aportada dan por contestadas as alegacións, e que as OOSS poden insistir no que estimen oportuno, pero que entenden que os cambios van a ser mínimos.

O ámbito de cada praza ven indicado no nome de cada un delas.

Se amortizan 89 prazas e se crean 87 segundo a seguinte táboa


CONSELLERIA

AMORTIZACIÓN

CREACIÓN

SANIDADE

29

29

MEDIO RURAL

54

31

MAR

6

27

TOTAL

89

87


2- Que nas prazas cos código 852 e 759, estes pasan de requisitos indispensables a méritos, e ademais se eliminan o requisito de números de anos.

3- Na RPT de Medio Rural, non quedan prazas con requisitos indispensables.

En canto a RPT de Sanidade, as prazas de Ribeira quedan como estaban, xa que están a dar problemas.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...