Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de dirixirse á conselleira de Facenda para denunciar a composición dos tribunais dos procesos selectivos selectivos para os subgrupos A1 e A2 da escala de informática.

Nomeadamente no caso do subgrupo A1, desde esta central sindical detectamos que as seguintes persoas designadas como membros dos tribunais titular e suplente, ostentan cargos que implican relación xerárquica con aspirantes que participan no referido proceso selectivo:

- Adrián Lence Paz,  Subdirector Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica.

- Yolanda García Ulloa, Subdirectora Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica.

- Carlos Vázquez Mariño, subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

- Javier Quiles del  Río, xefe do Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información

En concreto, dous aspirantes que participan no proceso selectivo para o acceso ao A1-Informática ocupan postos de Xefatura de Servizo baixo a dirección de Adrián Lence Paz, presidente do tribunal e subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións. Outro dos aspirantes aos que se vai avaliar ocupa un posto de Xefatura de Servizo baixo a dirección de Yolanda García Ulloa.

Así mesmo, varios dos aspirantes que participan no dito proceso selectivo son subordinados xerárquicos directos de Carlos Vázquez Mariño, entre eles o titular dunha Xefatura de Área da súa Subdirección Xeral. 

Aparecen tamén como aspirantes varios subordinados directos de Javier Quiles del Río, xefe do Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información, que ocupan postos de responsable e coordinador de Área. 

Alén disto, temos coñecemento de que participan aspirantes varias persoas de empresas externas que traballan na Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica.

Por máis abastanza, desde esta central sindical manifestamos a nosa sorpresa ante o feito de que entre os membros do tribunal do subgrupo A1-Informática non hai ningún funcionario do dito corpo; en cambio, óptase por designar funcionarios doutros corpos, cuxo mérito, ao teor do exposto, parece ser o de ocupar postos de libre designación. Cómpre salientar, ademais, que o feito de que os seus subordinados xerárquicos  directos ocupen postos de libre designación agravan os motivos para a súa recusación.

No caso do tribunal do subgrupo A2 da escala de informática, denunciamos igualmente que, entre os membros do tribunal titular, figuran as seguintes persoas:

- Jaime Barros Leboreiro, Subdirector Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade da Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica.

- María José García Sexto, Subdirectora Xeral de Sistemas de Información e Modernización da Admón. Pública da Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica.

Ao igual do que no caso do tribunal do subgrupo A1, constamos que se está a designar a persoas que ocupan postos de libre designación e, xa que logo, con relación xerárquica con varios aspirantes neste proceso selectivo.

En base a estes feitos, desde a CIG-Autonómica demandamos que se proceda coa maior brevidade á recusación como membros dos referidos tribunais das persoas referidas, por ostentaren relación xerárquica con aspirantes neses procesos selectivos.


Ligazón á composición do tribunal do A1-Informática publicada no DOG

Ligazón á composición do tribunal do A2-Informática publicada no DOG

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...