Novas por contido

BASE I.3

Onde dí “ou calquera outra situación”:  entendemos que esta expresión debe desaparecer, ou canto menos, poñer algunha salvagarda, xa que o grupo I cat. 004, entre outras, tomou destino definitivo e levan máis de dous anos traballando, polo que poden participar no concurso.

BASE I.4.- parágrafo 2

Ao abeiro do V Convenio o persoal está adscrito de forma definitiva, polo que si levan dous anos poden participar no concurso, nas categoría a que están adscritos de forma definitiva, non figura ningunha referencia ao persoal que está nesa situación ao abeiro do IV Convenio.

BASE III.5

Así como por razóns de coidado dun familiar en ata segundo grao, que dependa directa e legalmente do/a traballador/a, sempre e cando dito familiar teña recoñecido calquera grao de dependencia segundo se recolle na Lei 39/2006, do 14 de decembro,de promoción da autonomía e atención as persoas en situación de dependencia.

BASE III.6

Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de rematar o prazo de toma de posesión. Así mesmo e con carácter excepcional poderase renunciar á participación no concurso, antes de rematar o prazo de reclamacións das listas provisionais, sempre que exista causa de forza maior debidamente acreditada

BASE IV.4

Todos os datos, ao final, son consignados polo solicitante, incluso os que son certificados pola Administración, xa que o acto final é a presentación de instancia e é o asinante ou a asinante a que finaliza o acto administrativo. Isto non pode significar que si se equivoca a Administración no certificado de servizos prestados (por exemplo) non poida despois o/a traballador/a reclamar. Ao final da redacción ten que figurar o seguinte texto “.... non implica a aceptación da veracidade dos datos consignados pola Admininstración”

BASE V.2

Así como por razóns de coidado dun familiar ata segundo grao, que dependa directa e legalmente do/a traballador/a, sempre e cando dito familiar teña recoñecido calqueira grao de dependencia segun se recolle na Lei 39/2006, do 14 de decembro,de promoción da autonomía e atención as persoas en situación de dependencia.

BASE V.3

Os desempates teñen que contemplar tamén a situación familiar (fillos menores de 12 anos) e o xénero (no caso de infrarepresentación da muller).


ANEXO I – A)

PUNTO III

Debería puntuar só a partir do nível de galego que sexa obrigatorio para entrar na Administración e non por baixo ou o mesmo, e dicir: a partir de perfeccionamento para o grupo IV e de Linguaxe administrativa para os restantes grupos.

PUNTO IV.- FORMACIÓN

Estamos en contra de que se puntúe a formación, xa que non se ten a oportunidade de participar na mesma en iguais condicións todo o persoal laboral da Xunta de Galiza, xa que os/as traballadores/as están espallados polo país e non teñen opción a participar nos programas de Formación.

A CIG está a favor da formación dos/as empregados/as públicos, e pedimos que se faga unha formación axeitada a cada categoría, onde se dea a oportunidade de participar a todos/as traballadores/as, sen distinción do seu lugar de traballo, pero mentres esta circunstancia non se dea, non se pode primar unha formación a que non todo o mundo pode chegar.

Esta circunstancia é máis inaceptábel no curso que se propón puntuar, sobre  o convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galiza. Isto é materia de exame para acceder a condición de persoal laboral, polo que outro curso sería redundante, a ninguén se lle ocorre puntuar un curso sobre a Constitución ou sobre calquera outra materia xurídica que entre nun exame de acceso.


ANEXO I- B)

Non poden existir méritos específicos para ningún posto. Isto é desvirtuar o concurso, e menos aspectos como titulación específica (a titulación é a esixida para o acceso a praza en cuestión.

Experiencia, Xa se puntúa a permanencia no posto e a experiencia na Administración polo que solicitamos unha explicación sobre si a experiencia a valorar é a experiencia no posto.

Formación, o mesmo que manifestamos para a formación que se puntúa no apartado A) deste anexo.

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...
Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o listado de postos e continuarán en breve, pero non da...
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...