Novas por contido

Antes de que tivera lugar a xuntanza da Administración co Comité Intercentros para "negociar" as bases e prazas coas que vai saír o concurso de traslados de persoal laboral grupos I a IV, a Administración xa nos achega a convocatoria e a documentación da vindeira Comisión de Persoal onde se votará este tema.

Vale que a Administración teña maioría na Comisión de Persoal e pasan sempre o rodillo, agora ben, resulta un insulto e unha burla ao dereito á negociación colectiva achegar a documentación para votar (10:30h) cando esta documentación aínda estaba pendente da achega de alegacións e posterior negociación (13:00h)

O mércores, contra as 10:00h a Xunta desconvoca a dita Comisión de Persoal

Descarga documentación

Outras novas recentes

Sábado, 16 Mai 2026

Sr. Rueda, non bote balóns fóra. Esta guerra é contra vostedes!

As competencias a respecto das escolas infantís públicas (etapa educativa de 0 a 3 anos) tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións se ha de dar este servizo público.  Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!! En...
Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da...
Venres, 15 Mai 2026

Convocatoria de varias oposicións correspondentes ás escalas técnicas e escalas auxiliares de mantemento e condución

No DOG do 15/05/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos. - RESOLUCIÓN do 8 de...