Novas por contido

Na xuntanza do 17 de abril da Administración co Comité Intercentros para "negociar" as bases e o anexo de prazas do vindeiro concurso de persoal laboral dos grupos I ao IV tivo lugar un par de sucesos que non lle podemos dar outro cualificativo que o de surrealista. NOVO: Descarga nova listaxe. Vindeira xuntanza: venres, 20 de abril

En primeiro lugar mandaron a convocatoria da Comisión de persoal coa documentación cando esta aínda estaba sendo negociada. Ao día seguinte, e máis tendo en conta que Traballo e Benestar presentou novas alegacións nesta mesma xuntanza, a Dirección Xeral de Función Pública decide desconvocar a dita Comisión.

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos unha relación de postos que quitan da listaxe inicial. Despois chega a sorpresa da man da Consellaría de Traballo e Benestar cando anuncia a retirada dunha serie de prazas a maiores das que a Dirección Xeral de Función Pública non tiña nin idea. A continuación achegamos a relación de prazas aproximadas xa que co barullo que se montou no houbo maneira de coller ben as notas.

A retirada afecta principalmente ao Complexo xuvenil das Mariñas (eliminan 2 oficiais), a varios centros de Vigo (2 psicólogos/as e 3 traballadores/as sociais), ao centro da Susana (1 oficial de cociña) a Dirección Xeral de Emprego e Formación Ocupacional, Inem, pois non teñen os cartos dos Fondos de modernización de servizos públicos de emprego e retiran 52 Titulados Superiores e 8 postos mais que non especificaron.

A CIG considera que non é serio presentar a retirada de prazas dese xeito, sen copia. Con respecto As Mariñas acusamos de pretender privatizar ese centro, ao cal chegaron admitir esa intención. Solicitouse que se achegara o listado por correo electrónico e que se adiara a Comisión de Persoal prevista para o vindeiro xoves. Denunciamos o incumprimento por parte da Administración dos acordos e do Convenio Colectivo tanto o IV como V.

Función Pública tentou aplacar os ánimos pois era competencia do director xeral admitir estas “alegacións” por parte de Traballo da retirada das devanditas prazas.

A continuación, Sanidade argumenta a retirada das prazas da súa consellaría por motivos de reorganización.

Varios

Por parte do Intercentros se esixe a Función Pública que inste a Consellaría de Traballo, en concreto a súa Secretaria Xeral, que retire de inmediato as Instrucións das Escolas Infantís pois non é quen de interpretar o artigo 20 do Convenio a súa libre disposición.

A CIG expón a contradición continua por parte da Administración, un día din unha cousa e ao seguinte fan outra, e demanda maior seriedade e homoxeneidade entre departamentos. Por exemplo 24 e 31 de Nadal na anterior xuntanza din que o persoal funcionario non son iguais que o persoal laboral e ao día seguinte a Consellaría de Traballo di que vai compensar estes días. Na anterior xuntanza se lle pide a Función Pública si vai haber instrucións con respectos as baixas (contesta que si); tres días despois da anterior xuntanza a consellaría de Facenda manda unha instrución específica para o CIXTEC.

Consideramos esta actitude como impresentable e insultante, tanto para as organizacións sindicais presentes nas mesas de negociación coma para as empregadas e empregados públicos que non saben a que aterse.


Outras novas recentes

Xoves, 09 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (para MSF 13/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o luns 13 de outubro, coa seguinte Orde do día: Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo superior-A1 Descargar Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo de xestión-A2. Descargar Bases da...
Xoves, 09 Outubro 2025

O Supremo pronúnciase sobre o conflito colectivo das tarefas de PSX

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.A CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...