O xoves, 24 de maio, continuou a campaña permanente do Comité de Traballo e Benestar de A Coruña en contra da destrución de 200 postos de traballo previstos pola consellaría, así como contra a privatización dos Servizos Públicos Galegos, incluídos peches de centros -hoxe mesmo pechou o centro de menores "Soutomaior" de Ferrol-.
As concentracións específicas do Comité de empresa deste día foron na Escola Infantil de Ventorrillo (esquerda) e na Escola Infantil "As Mariñas" (dereita) e aos dous actos de protesta sumouse o persoal que nese momento estaban traballando. Como a política da Consellería consiste nunha permanente destrución do público, este comité tamén permanentemente seguirá loitando a favor dun Sistema Público que, paradoxalmente, está sendo destruído polos organismos públicos da Xunta do Partido Popular.
A estas concentracións seguirán as previstas en Compostela para o vindeiro luns, 28 de maio.
A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai...
No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma...
Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...