Novas por contido

A Consellaría de Traballo e Benestar presentou onte, martes 3 de abril, a súa proposta de eliminar 70 postos de traballo ante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as. Segue así a política do Goberno de desmantelar progresiva e sistematicamente os servizos públicos da Area de Benestar, algo que semella ter un especial atractivo de negocio para algunhas empresas e empresarios que se fan cargo dos servizos a cargo do erario público con inxección de subvencións millonarias mentres pregoa a difícil situación de crise que xustifica os recortes salariais, os recortes de dereitos e de condicións dignas aos traballadores, e a mingua da calidade do servizo aos usuarios, que son derivados a centros de xestión privada onde o que importa é o negocio, non o servizo.

Así, a Consellería:


  • Pecha o Centro de Menores de Montealegre, en Ourense, e coa  xustificación de unificar nun único complexo de menores en Ferrol.
  • Pecha de maneira encuberta o Centro de Menores Soutomaior, trasladando aos traballadores fixos, e despedindo ao persoal laboral.
  • Amortiza dúas prazas de ordenanzas nas seguintes residencias de Maiores de Santiago, Volta do Castro, Oleiros e Ferrol, contratando unha empresa de seguridade privada para as quendas de noite que ata o de agora viña facendo o persoal da Xunta, despedindo ao persoal temporal que ocupaba os postos
  • Minimiza ao máximo as plantillas da residencia de Tempo Libre de Patos, e da residencia de Carballiño, o que supoñemos levara a privatización de algún servizo, xa que é imposible manter o servizo con tan pouco persoal


Denunciamos que mentres a Conselleira de Traballo sae nas fotos na prensa con Amancio Ortega anunciando que ese empresario, tan desinteresado, sen animo de lucro vai regalar unha morea de escolas infantís, regala a empresas privadas os Servizos Sociais, colabora a incrementar as taxas de desemprego mandando ao paro ao persoal propio, e recorta dereitos ao persoal da Consellería, que ve entre outras cousas, como se conxela o  seu salario, e  vai traballar de balde os domingos e os festivos, sen compensación algunha.

Outras novas recentes

Luns, 20 Outubro 2025

Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Vivenda e Solo (MSF 17/10/25)

O pasado venres día 17 de outubro á Mesa Sectorial trouxeron a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) Contido da proposta: Creacións de 24 postos de traballo: 1 posto de director/a, 5 postos de xefatura de servizo, 1 posto de xefatura de oficina técnica ,5 postos de xefatura de sección, 5 postos de...
Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas,...
Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito...