Novas por contido

Esta é a primeira sentenza referida ao recorte das pagas extraordinarias para o ano 2013 que só aplicou a Xunta de Galiza

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar sentenza pola que recoñece o dereito do persoal laboral da Xunta –sometido ao V Convenio Colectivo- a percibir a paga adicional ás paga extraordinaria de decembro de 2012, así como a paga adicional de xuño de 2013, que foi suprimida aos traballadores/as da Xunta por decisión propia do Goberno galego.

Unha vez máis, a xustiza dá un pau ao Executivo de Núñez Feijoo, negando o carácter retroactivo das medidas de recortes aplicadas aos traballadores e traballadores ao servizo das administracións públicas. Ademais, está é a primeira sentenza referida ao recorte nas pagas extraordinarias do ano 2013, detraída aos empregados e empregadas da Xunta a través da Lei de Orzamentos de Galiza e que o resto do persoal ao servizo das administracións (local, estatal, etc.) non padeceu.

Dende a CIG demándase da Xunta de Galiza cordura e sentido común, e que proceda a cumprir a multitude de sentenzas que se teñen gañado sobre o roubo das paga extras as e os traballadores cuxos salarios dependen directa ou indirectamente dos presupostos da Xunta. Esiximos a devolución destas cantidades, así como a reposición dos demais dereitos inxustamente retirados ás/aos traballadoras e traballadores de todos os sectores públicos.

Igualmente, reiteramos que se levarán a cabo todas as accións necesarias para recuperar o dereito a cobrar a totalidade das pagas extraordinarias de todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza –que, cómpre recordar percibiron un 40% menos do que lles correspondía-.

Non se recoñece o carácter retroactivo dos recortes

A resolución do alto tribunal galego recoñece o dereito do persoal laboral a percibir a paga adicional ás pagas extraordinarias de decembro de 2012, na parte proporcional á prestación de servizos entre o 1 e 15 de xullo; así como a paga adicional de xuño de 2013 na parte proporcional entre o 1 de xaneiro até o 28 de febreiro. Hai que subliñar que estas retribucións adicionais foron acordadas entre a Administración e as organización sindicais para equiparar as pagas extraordinarias do persoal laboral ás do persoal funcionario.

Nesta nova resolución, o TSXG aplica o mesmo criterio que na sentenza do 4 de outubro de 2013, que recoñeceu ao persoal laboral o dereito á percibir a parte proporcional da paga extraordinaria de decembro de 2012 devengada entre o 1 e o 14 de xullo de 2012, día antes da entrada en vigor do RDL 20/2012. A Xustiza entendeu que formaba parte do patrimonio do traballador/a e que só estaba pendente de ser aboada, polo que non podía ser afectada por esta norma estatal.

No que atinxe á paga adicional da paga extraordinaria de xuño de 2013, suprimida pola Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galiza, o TSXG entende que procede o seu abono, toda vez que a Lei de Orzamentos entrou en vigor o 1 de marzo de 2013 e que, polo tanto, durante os meses de xaneiro e febreiro de 2013 estaban vixentes os orzamentos do ano 2012 e a Xunta non pode aplicar a medida con carácter retroactivo.

Esta sentenza vense sumar ás ganadas polas catro organizacións sindicais maioritarias na Función Pública galega, interpostas nun marco de acción conxunta contra das administracións autonómica, local, universidades e entes instrumentais do sector publico para reclamar a devolución da paga extra do ano 2012, pero é tamén o inicio das máis de 200 demandas que se interporán para a reclamación da paga extraordinaria do ano 2013.

Outras novas recentes

Venres, 14 Febreiro 2025

A Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático anuncia que convocará ás centrais sindicais para a creación das UICON (MX 14/02/25)

O anuncio foi feito no transcurso da Mesa Xeral de Persoal Empregado Público de hoxe ás 12 horas. A preguntas da CIG sobre a posta en marcha das UICON (Unidades de Intervención de Conservación da Natureza), a  vicesecretaria xeral da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático adiantou que para a vindeira semana convocará ás centrais sindicais para unha modificación de...
Venres, 14 Febreiro 2025

Listas únicas para a cobertura transitoria de prazas de persoal funcionario

No DOG do 14/02/2025 publican: 1. Transformación de oficio de listas de categorías profesionais equivalentes: C1 20D5 Corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade animación sociocultural C1 209H Corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de condución C2 207Y Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala...
Xoves, 13 Febreiro 2025

Retribucións e compensacións económicas por impartir formación na EGAP

Nos últimos meses a CIG alertou polo xeito de proceder da EGAP e da AGASP no referente á formación dos empregados e empregadas públicas, coa colaboración e complicidade das consellerías.  Centrándonos na EGAP, as nosas queixas e denuncias van encamiñadas, entre outras cuestións, á inexistencia de criterios e transparencia na escolla de docentes, coordinadores/as e demais...