Novas por contido

A Comisión de Persoal do 6/3/2019 aprobou o Decreto de mobildiade, o decreto que vai regular a mobilidade do persoal da Xunta de Galicia e dos entes instrumentais. Trátase dun decreto marco que dá as pinceladas básicas para os concursos, e que terán unha concreción maior nas convocatorias propias.

• CONCURSOS: Trata de alixeirar a carga de baremación; dividida en méritos necesarios (antigüidade, galego, traballo desenvolvido) e méritos optativos (carreira profesional, formación, titulación, reunificación familiar). A esixencia que fixemos da convocatoria regular queda nun pequeno brinde posibilista "procedementos abertos e permanentes" pero sen datas concretas. Seguen permitindo renunciar antes da toma de posesión se consigues outro posto (apalancamento coas Lds).
As resolucións "deberán facerse no prazo de 6 meses", nada de obligacións. Tal como está a cousa hoxe en día case sona a cachondeo (anos de espera en todos os corpos).

• CONCURSO ESPECÍFICO: Nova modalidade e verdadeiro motivo deste Decreto; regula a provisión dos postos CE nas RPTs, que son basicamente os de xefatura de servizo, direccións de centros externos e habilitacións. Consta dunha baremación de méritos (mínimo 55%) e baremación de capacidades a través de probas, test, memorias ou entrevistas. As organizacións sindicais non están presentes na Comisión de Valoración. Cada cinco anos voltarase a valorar ao persoal para poder continuar ou cesar.

• LIBRE DESIGNACIÓN: Reservada para os postos de Subdirección e superiores. Aclaran que van facer fincapé de que os nomeamentos previos en Comisión de Servizos para prazas en LD non superen a marxe legal de 6 meses (cousa que incumpren con regularidade).

• COMISIÓN DE SERVIZOS: É neste eido onde se ve a verdadeira vocación da Administración (que o importante non cambie). Non se toca en absoluto, seguiremos tendo comisións eternas, pois valida a posibilidade de superar os dous anos en varios casos e, a maiores, non garante para nada a concesión pública, baremada e transparente.

• PERMUTAS: Regulaas pero só entre persoal funcionario de carreira, non queren saber nada das permutas entre persoal interino como fai ensino.

• OUTROS: Regula tamén a adscrición provisional noutras AAPP, por motivos de saúde, traslados por violencia de xénero.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...