Novas por contido

A Mesa Xeral convocada para o mércores 13/03/2019 finalmente foi aprazada para o venres 15/03/2019. Tratáronse os seguintes asuntos:

  • Acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional
  • Criterios xerais dos procesos de funcionarización
  • Convocatoria do proceso selectivo da escala superior de estatística.
  • Convocatoria do proceso selectivo da escala técnica de estatística.
  • Convocatoria do proceso selectivo da escala de letrados.

PROCEDEMENTO PARA O ACCESO AO RÉXIME EXTRAORDINARIO DO GRAO I DA CARREIRA PROFESIONAL

Traen a xuntanza un novo documento modificado, sen tempo para o seu estudo. Supomo que xa esta negociado no despacho do director de Función Pública con CCOO e UGT. Aquí establecen o complemento de carreira en relación ao complemento de destino, amplían prazos de presentación de solicitude e se afinan os subterfuxios e condicionados de acceso do persoal laboral fixo á carreira profesional.

A CIG reitera as alegacións presentadas na procura dunha carreira profesional mais xusta, para todo o persoal, e solicitamos a súa negociación. O director xeral de Función Pública respostou só as seguintes alegacións da CIG:

  • O prazo de 6 meses faiselles moi longo.
  • O persoal laboral non integrado no V Convenio non cobrará a carreira profesional e o persoal do Consorcio tamén queda fóra.
  • As sentenzas do Tribunal Supremo non teñen incidencia no Acordo galego. (ver primeira e segunda labazada xudicial á carreira profesional)
  • Non quixeron entrar nas particularidades e diferentes casuísticas da aplicación da orde ao persoal laboral.

Borrador da Orde coas modificacións incorporadas na Mesa Xeral: descargar.

CRITERIOS XERAIS DOS PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

Función Pública trae a mesa xeral unhas “notas para os procesos selectivos da funcionarizacion” sen antes facer un estudo e negociación real do que vai supor e onde vai ir o persoal laboral fixo que se funcionarice. Reiteramos a necesidade de comezar por unha calendario secuenciado de accións para o que fixemos achegas nese sentido e opuxémonos de novo a esta funcionarización sen garantías.

Propostas da CIG para solucionar este disparate:

  • Trasposición dos dereitos recollidos no V convenio.
  • Concurso de traslados do persoal laboral e funcionario previos aos procesos funcionarización.
  • Creación de escalas de persoal funcionario en base as titulacións requiridas para o acceso da categoría laboral. De ser o caso de convivir varias titulacións de esixencia pola evolución da categoría ou equivalencias curriculares deben desenvolverse escalas en ambos grupos/subgrupos que eviten o illamento do persoal que non ten a titulación mais alta.
  • Acordo de condicións de traballo negociadas de carácter xeral en base as funcións e pluses do persoal, no que se recollan ao menos os dereitos do V convenio.
  • Para evitar discriminacións salariais propomos igualar os trienios mínimos do persoal funcionario aos do persoal laboral e traspor os pluses laborais a complemento específico e níveis.
  • A carreira profesional non pode servir de coacción para a funcionarización, debe entrar todo o persoal sen condicions.
  • Garantir a xubilación parcial para todo o persoal para que o persoal que esta nesta situacion poda funcionarizarse se quere. Ampliar este dereito ao persoal funcionario.

Xunta, CCOO e UGT nun claro compadreo e defensa do seu Acordo de Concertación, non recollen ningunha das aportacións que lles fixemos.
Esta claro que queren seguir adiante a toda marcha con esta desfeita aínda que quede xente illada e prexudicada polo camiño. Insúltannos na propia mesa xa que se sinten apretados polo persoal que nin é tonto nin se deixa manipular. CCOO chega a negar a posibilidade do concurso ao persoal laboral e suplica agora por un concurso previo á funcionarizacion para o persoal funcionario.

Borrador dos criterios xerais para a funcionarización do persoal laboral fixo: descargar.

PROCESOS SELECTIVOS PARA O INGRESO NA ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICA, TÉCNICA DE ESTATÍSTICA, E LETRADOS

Denunciamos a falta de negociación previa das bases dos procesos selectivos que viñeron a esta mesa xeral. As alegacións da CIG a estes proceso selectivos non foron atendidas, en continuidade co desprezo á negociación colectiva que se esta a instaurar na Xunta de Galiza.

Descargar: superior de estatística, técnica de estatística, letrados.

ROGOS E PREGUNTAS

  • Esiximos a urxente publicación da modificación do decreto de listas. Respostan que aínda esta en revisión xurídica.
  • Reiteramos a necesidade da convocatoria das comisións de seguimento acordo técnicos SPDCIF, veterinarios e axentes ambientais. 
  • Bolsa de horas positivas por conciliación: solicitamos a súa habilitación inmediata (mantemos a súa extensión a todo o persoal).
  • Volveuse denunciar a non cobertura de postos na oficina de emprego de Cambados.
  • Preguntouse polo ruxe-ruxe da posible eliminación dos comedores escolares de menos de 250 comensais, FP di que non sabe nada e daralle traslado a Educación.

Outras novas recentes

Mércores, 01 Outubro 2025

RPT de Medio Rural e RPT da administración especial para poder finalizar o concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

O venres 26/09/2025 celebrouse a Comisión de Persoal onde se levaban dous asuntos,   RPT de Medio Rural Estamos en contra dunha modificación de RPT na que se amortizan 14 postos de traballo para crear 7. Sen os postos derivados do decreto de estrutura temos que se destrúen 7 postos para crear 2 e para financiar a inmoral e insolidaria suba do complemento específico dos...
Xoves, 09 Outubro 2025

O Tribunal Supremo obriga a que o TSXG se posicione sobre a obriga de certas PSX do Consorcio a asumir tarefas de limpeza

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...
Xoves, 09 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (para MSF 13/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o luns 13 de outubro, coa seguinte Orde do día: Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo superior-A1 Descargar Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo de xestión-A2. Descargar Bases da...