Novas por contido

Despois de insistir en que para o acto de elección de destino das persoas que promocionan ao corpo administrativo (subgrupo C1) se inclúan todas as vacantes ou polo menos que nos dean razón do criterio empregado para incluír uns postos e outros non, volvemos a ter un asunto similar, pero aínda máis rocambolesco para o caso do persoal veterinario.

A CIG ven de poñerse en contacto con Función Pública para que nos explique por que se retiran dous postos da relación de postos para o acto de elección de destino de persoal veterinario.

Segundo Función Pública os postos que se ofertan son os ocupados pola xente que aprobou máis unha serie de vacantes puras (non ocupadas por persoal interino).

Pois ben, a CIG ten coñecemento de que polo menos 11 das que se ofertan inicialmente (9 se descontamos as que se retiraron anunciadas no DOG de hoxe), están ocupadas por persoal interino.

O noso criterio sempre foi o de que teñen que saír todas as vacantes, tal e como solicitamos en todos os procesos. Se a Administración pretende impoñer outros criterios ten que explicalos e teñen que ser criterios obxectivos.

Parece que incluír uns postos e outros non obedece máis que á política que seguiron sempre Medio Rural e Sanidade de salvar a unhas persoas e condenar a outras, non sabemos se por afinidade de algún tipo ou por que. O certo é que esas decisións prexudican primeiro, a todas as persoas que superaron o proceso selectivo e segundo a aquelas persoas interinas que ven que os postos que ocupan saen a elección de destino mentres outros de similares características non. Restricións de dereitos para uns e agravio comparativo para outros.

Volvemos insistir que o criterio máis xusto é que saian absolutamente todos os postos vacantes.

Outras novas recentes

Venres, 22 Mai 2026

“Quen vai de última?” A vergonzosa opacidade nas listas de PSX e xerocultoras/es

A vergonzosa realidade que estamos a vivir nos centros do Consorcio e da que a Xunta de Galiza permite mirar para outro lado. Vas ao supermercado a facer a compra, hai cola e preguntas "quen vai de última?". Alí danche un número e sabes que se respecta a quenda. Pois ben, traballar para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar hoxe en día é peor que ir ao...
Luns, 25 Mai 2026

Mobilízate contra os recortes do Decreto de listas de substitucións

Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una  modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades...
Mércores, 20 Mai 2026

Proceso selectivo da escala auxiliar de coidadoras/es: resolución do tribunal sobre varios asuntos

Podes consultar a resolución do DOG. No DOG de hoxe 19.05.26, publícase a Resolución do 30 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade...