Novas por contido

O martes 4 de febreiro participamos na Comisión de Persoal na que se aprobaron as bases dos procesos selectivos da escala de veterinarios/as, o proceso extraordinario de consolidación da categoría de titulado superior veterinario, os procesos de funcionarización e outras cuestións que poden ser do teu interese no punto de rogos e preguntas. 

CONVOCATORIA DOS PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

A CIG non se opón a que todos os traballadores e traballadoras teñamos os mesmos dereitos, obrigas e vínculo coa empresa. Pero non así, non deste xeito chapuceiro. 

O persoal laboral fixo (que no seu día xa superiou o correspondente proceso selectivo), non temporal nin indefinido, vai ter que pasar por un proceso chapuceiro grazas ao Acordo de concertación que pactaron a Xunta e os sindicatos CCOO e UGT, pois vai ter que decidir se quere ser funcionario sen certeza da súa situación salarial e sen que primeiro puidese participar nun concurso de traslados e nun proceso de promoción interna como persoal laboral tal e como manda o Convenio. E todo isto baixo a chantaxe de non cobrar a carreira profesional se non acepta pasar a funcionario (ata que o recurso da CIG ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pendente de vista, nos dea a razón).

O director xeral de Función Pública fai constar en acta os seguintes compromisos (alguén se atreve a poñer a man no lume?):

  • Van abrir un prazo (fala da semana que ven) para que o persoal que está en excedencia poida declarar a súa intención de incorporarse ao posto para funcionarizarse.
  • Enviar ás organizacións sindicais (durante o mes de febreiro) a proposta de orde de equivalencias entre categoráis e escalas e adaptar a lei de medidas.

Como dixemos, a CIG non se opón, pero o proceso tal e como está pactado por Función Pública, CCOO e UGT é unha chapuza e un paripé. Así que decidimos absternos na votación. E como ven sendo habitual dende fai tempo, co apoio favorable e incondicional de CCOO e UGT. 

PROCESOS SELECTIVOS DE VETERINARIOS/AS (persoal funcionario e laboral)

As bases das convocatorias dos procesos selectivos de persoal funcionario da escala de veterinarios/as, e da categoría de persoal laboral de titulado superior veterinario/a, foron aprobadas co voto en contra de CIG e CSIF, e o voto a favor, como non, de CCOO e UGT. E por detrás, as manobras dunha asociación (nun dos borradores ata se lles esqueceu eliminar unha referencia a ASVEF, vinculados a SEPGA, o sindicato corporativo de subdirectores e subgrupo A1).

Como mostra do respeto que ten Función Pública á negociación colectiva, recibimos uns novos borradores o mesmo día da Comisión de Persoal, só unhas horas antes da votación, polo que a CIG demandou volver a sentarnos a discutilo, algo ao que se negou o DXFP posto que os novos textos eran froito do último salpimentado ao que chegaran cos grupos de presión.

Basicamente no que estiveron a fedellar ata última hora foi nos temarios e no peso da experiencia profesional na fase de concurso. Por facer unhas simples comparacións con outros procesos:

  • Para a escala de veterinarios/as, o máximo de puntos por experiencia obtense tras 19,4 anos de servizos como veterinario/a. Observamos que eran 14,6 anos para outros procesos de recente aprobación (escala de médicos/as, DOG 7/11/2019, corpo superior de administración xeral, DOG 26/11/2019).
  • Na categoría de técnico superior veterinario/a, a puntuación por experiencia ainda deu mais voltas pois ata no borrador que enviaron o mesmo día da Comisión de Persoal desaparecera o valor da experiencia despois de que dias antes aumentaran o número de anos para o tope.
  • Vai ser un único exercicio tipo test (a maiores do ficticio de galego). No corpo superior de adminsitración xeral, DOG 26/11/2019, había tamén un segundo exercicio de desenvolvemento de dous temas. E ata na promoción interna do corpo superior de administración xeral, DOG 31/01/2020 (fai uns dias), hai desenvolvemento de tema. A CIG reclamou que se publique unha corrección de erros nas convocatorias xa publicadas para que se apliquen esas “melloras”.

O voto da CIG necesariamente tivo que ser negativo, porque non se pode andar a xogar con incoherencias entre procesos selectivos similares con tan poucos dias ou semanas de diferenza. Non aceptamos que apliquen a “cociña de autor” segundo o caso. Moito compadreo e moito despacho para facelo a medida.

ROGOS E PREGUNTAS

Concurso de traslados de corpos xerais: as consellerías están a revisar as vacantes que se incluirán; en poucos días se saberían. 

Promocion interna OEP-2017: Entre esta semán e que ven se publicaràn as notas do C1 e C2.

As listas do consorcio, RPTs (sanidade) etc… que o “mirarían”.

Consello Económico e Social de Galiza e CIXTEC: o DXFP presenta un borrador de acordo sobre integración/funcionarización/carreira do persoal destes dous centros. Se tes algo que dicir sobre o asunto, podes contactar coa CIG.

Consorcio Galego de Servzios de Igualdade e Benestar: solicitamos saber que pasa coa súa RPT e a convocatoria da Comisión de seguimento. Resposta o DXFP algo habitual: neste mes saberemos algo.

Contrataciòn de persoal de orientador oficinas de emprego: ainda non respostan que pasa coa contratacion das 11 prazas; o DXFP di que preguntará á Consellería.

Destacar grandes ausencias por parte da administracion (consellerías) e o tono habitual de prepotencia e falta de respecto que temos que aturar as organizacións sindicais.

Outras novas recentes

Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor. A SITUACIÓN Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa...
Luns, 20 Xullo 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de educación infantil e auxiliar coidadores

No DOG do 20/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos,...
Xoves, 23 Xullo 2026

Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026)

O que Xunta, CCOO e UGT che quitaron a CIG devólvecho nos xulgados Mentres a CIG gastaba tapas de zapato nos xulgados defendendo a dignidade do persoal laboral que obrigaban a funcionarizarse para cobrar a carreira profesional, os do "pacto da foto" (Xunta-CCOO-UGT) dicíannos de todo menos "bonitos/as" diante das traballadoras e dos traballadores. Axeonlláronse diante da...