Novas por contido

Como en anos anteriores, en vésperas do mes de agosto Función Pública apreta o acelerador con varias mesas de negociación concentradas en tres días (23, 26 e 27 de xullo) con varias RPTs, dúas mesas sectoriais de funcionarios/as, dúas mesas xerais de negociación e unha Comisión de Persoal. En rogos e preguntas tocáronse múltiples asuntos que poden ser do teu interese.

Na Comisión de Persoal (martes 27 de xullo) aprobáronse os asuntos que se discutiron nas xuntanzas previas do venres 23 e luns 26, nunha Orde do día sobrecargada: aprobáronse seis RPTs (Vicepresidencia 1ª, Cultura e Educación, Política Social, Agacal, Emprego e Igualdade e Sanidade), xunto ao Acordo de condicións de traballo do persoal técnico de incendios, e retiráronse da orde do día tres puntos: unha corrección de erros da RPT de funcionarización e dúas convocatorias de funcionarización do persoal laboral de incendios (quedaron adiados para unha vindeira Comisión de Persoal na próxima semana).

RPT da Vicepresidencia 1ª

Actualmente está tramitandose unha modificación máis amplia desta RPT (comprométense a retomala en setembro), pero traen esta nova modificación urxente por unha xubilación inmediata e na que amortizan dúas prazas de aux. admvo. para crear unha praza de tradutor/a. Non xustifican a urxencia desta modificación que despachan en dous días e sen xuntanza previa. Voto na Comisión de Persoal: CIG en contra, CSIF a favor e CCOO e UGT abstención.

RPT de Cultura e Educación

A finalidade desta RPT é a adaptación á nova estrutura orgánica da consellería e a modificación consonte ás varias escalas creadas. Modifican tamén outra serie de postos. Excesivas coberturas por LDs e CE e de postos abertos a outras administracións, sempre en LD. Amortizan 40 postos, a maioría postos baixos (30 de 40 son inferiores a C1/III, e 26 de 40 en centros de atención ás persoas), e crean 27, ningún inferior a C1. Incumpren a palabra (setembro/2019) de meter en RPT os máis de 100 postos de persoal laboral creado e non metido en RPT dende o 2015. Voto en contra da CIG, CCOO, CSIF e UGT. Máis información.

RPT de Política Social

Adaptación da RPT á estrutura orgánica, apertura de postos a outras admóns, modificación de postos e centros de destino. Na Mesa Xeral previa a esta CP, por falta de negociación real e por non dispor da documentación necesaria, a CIG solicitou, sen éxito, a retirada da orde do día. Voto en contra da CIG, CCOO, CSIF e UGT.

RPT Agacal

Amortizan de 47 postos (algunhas ocupadas, e de grupos baixos, incluíndo persoal de campo), para crear 25, modificación de varios postos, excesivas prazas de LDs e CE así como de prazas abertas a outras admóns, inclusión de pluses derivados de sentenzas e adaptación das escalas á LEPG. Voto da CIG e CSIF en contra, CCOO abstención e UGT a favor.

Acordo de condicións de traballo do persoal técnico de incendios

O texto foi negociado e consensuado en xuntanzas previas. Voto a favor de CIG, CCOO, CSIF e UGT.

RPT Emprego e Igualdade

Adaptación ao decreto de estrutura, con amortizacións, creacións e modificacións. Non se xustifica a urxencia desta modificación cuns tempos tan reducidos. Non houbo unha verdadeira negociación por parte da consellería. Voto en contra da CIG, CCOO, CSIF e UGT.

RPT de Sanidade

Non existiu negociación, tan só apariencia. Cambios nos corpos/escalas arbitrarias, con xustificacións xenéricas e globais (prometeron facilitar información da cobertura das prazas para ver as necesidades, pero non cumpriron a promesa). Apertura a outras administración sen reciprocidade. Voto en contra de CIG, CCOO, CSIF e UGT. 

Rogos e preguntas

Concorrencia entre concurso de traslados e promoción interna: informa o DXFP que remitiron texto informativo dos criterios para os supostos de concurrencia entre concurso e promoción interna. Criterio xeral: respetarán a praza obtida por concurso se é a de maior grupo e poderán tomar posesión con caracter definitivo.

Persoal laboral de educación fora de RPT (prazas creadas pola consellería dende o 2015 e que non foron incluidas na RPT): Calculamos que son 100 prazas. Queremos saber a cifra e cando van tramitar a RPT, algo que prometeron en setembro/2019. O representante da consellería afirma que setembro comezaremos a negociación. Andaremos algo por riba de 100 prazas.

Concurso xeral: tes información específica deste asunto na seguinte ligazón.

Condicións traballo parque Illas Atlánticas: o DXFP asegura que negociaremos a comezos de setembro.

Promoción interna AXI e Augas: outra promesa de comezar a negociar en setembro.

Plan de igualdade: din que están a traballar na diagnose, que é un tema que esixe moitos datos desagregados por sexo. Contan poder presentar o resultado en setembro, e a partir de aí traballar no plan.

Calendario de exames

  • Ata o 20 de setembro non haberá exames. Os primeiros serán de estatística (2º exame polo 20). Inmediatamente C1, C2, e funcionarización. Anunciarán cando teñan as datas e autorizacións de saude pública. Polo 23/24 serán os exames. 
  • Para promoción interna A1 e A2, o DXFP di que estirarán os prazos ao máximo cumprindo os prazos (40 días  + agosto inactivo + 20 de ampliación). Calcula outubro.

RPT Consorcio: amplían o prazo para presentar alegacións ata o luns 6 de setembro.

Teletraballo: Hai problemas en varias consellerías e no Consrocio. O DXFP di que se poden neste mes darán información das concesións, denegacións, etc, e se non para o seguinte (a 30 de xullo, ningún movemento).

Carreira profesional: informa o DXFP que antes de irnos de vacacións (mediados de agosto) teremos unha reunión e explicarán postura. Asegura que quen xa estea a cobrar pode estar tranquilo/a, que seguirá cobrando (o que leva días dicindo a CIG). Estudaremos posibilidades nesa reunión. Máis info sobre a sentenza.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Xullo 2026

Xuntanza con Medio Rural: coeficientes reductores e concurso específico para o persoal técnico

Na xuntanza do día 14 de xullo coa Consellaría de Medio Rural sobre o persoal enxeñeiro de montes e enxeñeiro técnico forestal, tratouse, entre os puntos da orde do día, as bases para a provisión de postos de concurso específico (consulta pinchando aquí a información deste punto) e a solicitude de coeficientes redutores para a xubilación anticipada. Coeficientes redutores A...
Xoves, 09 Xullo 2026

Eleccións de destino das escalas sociosanitarias

Despois do desastre de convocatoria de elección de destino destas escalas onde se duplicaron prazas, se ocultaron prazas sobrantes do concurso, meteron prazas que non pasaron polo concurso, meteron en varias escalas prazas con requisitos non esixidos na convocatoria sen aumentar en igual número ás sen requisitos, sacaron listados con xubilados e falecidos, etc, etc, etc......
Xoves, 09 Xullo 2026

Coeficientes redutores de Gardacostas: a consellería segue inactiva e non cumpre

O luns 06/07/2026 tivemos unha xuntanza coa Consellería do Mar pola pretensión desta de iniciar un novo procedemento para o acceso á aplicación dos coeficientes redutores ao existir unha nova norma. Como xa dixemos aquí, o novo decreto é máis restritivo, pon máis atrancos e é menos garantista. A consellería pretendeu colar que a vía aberta pola CIG ao promover o...