Novas por contido

Os Sectores Autonómicos de CCOO, CIG, CSI-F e UGT denunciamos a política privatizadora do Partido Popular no goberno da Xunta de Galiza.

Hoxe, 13 de decembro de 2010, estaba prevista a realización da “Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galiza”, máximo órgano consultivo en materia de persoal, e no que, entre outros, ía a amortización de 19 postos de traballo no centro de educación especial Santiago Apóstolo da Coruña, como parte da privatización deste centro asistencial que pretende o Partido Popular, postos de traballo básicos para dar unha prestación de servizos de calidade a nenos e nenas que requiren unha especial atención.

 

Os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF, como continuación do minuto de silencio polos servizos públicos que gardamos na xuntanza previa á Comisión de Persoal (Mesa Xeral de Empregados Públicos), decidimos concentrarnos diante da porta, motivo polo que os representantes da Administración cambiaron o lugar da convocatoria a outra sala blindada polas forzas e corpos de seguridade.

Este é o primeiro paso que da o Partido Popular para levar adiante a privatización dos Servizos Sociais Públicos. Como xa teñen declarado as Consellarías de Educación e de Traballo o seguinte paso será adecuar “a oferta á demanda” como si dun ben económico se tratase, reducindo posteriormente a plantilla deste centro para o próximo ano.

Todas estas medidas se adoptan despois de que a Xunta de Galicia decidira derivar nenos deste centro a centros privados, pagando á empresas e asociacións privadas, reducindo así a “demanda” e xustificando a reducción de persoal. Esta é a política do PP para os Servizos Sociais: Desmantelamento progresivo, redución de persoal, e perda de calidade dos servizos prestados para logo xustificar a súa privatización.

O Santiago Apóstolo xunto co centro Terra de Ferrol-Souto de Leixa, son as primeiras vítimas desta política consciente de abandono do Público. Esta política de inhibición na que se deixa esmorecer estes centros e se aposta por derivar aos usuarios a centros privados constituíndo un despilfarro de recursos públicos.

As Organizacións Sindicais CCOO, CIG, CSI-F e UGT, esiximos á Administración da Xunta que non amortice estes postos de traballo e que potencie os Servizos Sociais Públicos.

 

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...