Novas por contido

O pasado martes 18 de abril tivo lugar unha xuntanza da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (MX) e da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF), nas que se trataron os seguintes asuntos: RPT de Sanidade e do Sergas, RPT do IGE e proposta de acordo das condicións de traballo do persoal Farmacéutico Inspector de Saúde Pública (FISP).

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO IGE

Traen a proposta de crear unha sección, que financian coa amortización de dous auxiliares administrativos-C2. Aseguran que estes dous postos que amortizan levan tempo vacantes e sen ocupación. O IGE afirmara que solicitara a cobertura deses postos con persoal interino e non llo permitiran. E un deses dous postos tiña un titular (ata a súa xubilación) que nunca traballara nel, senón que “misteriosamente” estaba a prestar servizos en Ourense.

A CIG manifestou que non queremos amortizar dous postos para financiar un, e pedimos explicacións:

  • Cal é o motivo polo que non se lle permitiu ao IGE cubrir os postos.
  • Como é que a persoa que ocupaba o posto en propiedade nunca estivo traballando en Santiago (localidades do posto), e sempre estivo en Ourense (ás furtadelas).

O director xeral de Función Pública (DXFP) afirmou que non ten coñecemento da situación da persoa desprazada a Ourense. En canto ás prazas que se amortizan, estas non se ofertaran no concurso de traslados por proposta de amortización do IGE.

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE SANIDADE E SERGAS

Nesta proposta exclúen a parte relativa ao persoal veterinario e ao FISP.

O primeiro que chama a atención é que a proposta tenta adaptar a RPT á estrutura da consellería aprobada no ano 2019 (e posteriores modificacións). Estamos no ano 2023, así que xa pode estar ben feita, que tempo tiveron abondo.

Crean e modifican postos para deixalos abertos a persoal estatutario, do estado, doutras CCAA, persoal inspector médico do INP ou ISM, persoal farmacéutico do INP, escalas sanitarias de calquera administración ..

  • Incomprensible que nalgúns postos permitan ocupalos con persoal estatutario e non co noso persoal funcionario de escalas sanitarias.
  • O persoal estatutario sanitario do Sergas ten unha función clara: a asistencia sanitaria. E non andan moi sobrados de persoal. Que deixen de traelos a postos da Administración.
  • Se necesitan traer persoal de fora, están a demostrar que consideran que o persoal funcionario da Xunta é incompetente.
  • E de paso, están a reducir as posibilidades de promoción ao noso persoal.

En varios postos dos que amortizan non indican se están vacantes ou non (e tampouco se están ocupados).

Finalmente, o DXFP emprázanos a que presentemos alegacións ata o xoves 20, e convócanos a unha xuntanza para o día seguinte, venres 21.

ACORDO DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FARMACÉUTICO INSPECTOR DE SAÚDE PÚBLICA (FISP)

Despois da folga do persoal FISP, xa dende o ano 2017 comezamos a solicitarlle a Sanidade que se sentase a negociar a homologación das condicións de traballo deste persoal cos de outros corpos de inspección. Sanidade desatendeu todas as nosas solicitudes.

E de súpeto, recibimos unha proposta case que dun día para o seguinte. E non sería por falta de tempo por parte da consellería, xa que o documento que nos enviaron foi editado 281 veces. Así que o primeiro que reclamamos é sentarnos a falar e tempo para facelo en condicións.

Consecuencia da folga do ano 2016, a consellería decidiu “externalizar” certos traballos de inspección de augas de baño. Así que vai por diante unha pretensión da CIG: recuperar para o servizo público os traballos de inspección externallizados.

O acordo pretende ser similar ao de outros corpos de inspección do mesmo servizo de Saúde Pública. Pero non igual, xa que hai numerosos aspectos que son modificados “á baixa” (máis quendas de tarde, máis gardas localizadas, máis días de mobilidade fora da zona, .. e menor complemento específico).

O DXFP abre un prazo para presentar alegacións (a CIG xa as presentou), e comprométese a que teremos unha posterior xuntanza.

Como curiosidade, a representante da Consellería de Sanidade falou de que lles gustaría unificar nun único corpo os actuais servizos de inspección. Isto non parece moi realista, e semella non ser máis que a declaración dun desexo sen maior transcendencia.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...