Novas por contido

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 16 de maio, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos.

PROCESOS SELECTIVOS

Calendario: publicaron o calendario onde figuran xa todos os procesos convocados (95 procesos) de libre e estabilización.

Procesos pendentes de rematar: é probable que a semana que vén remitan as prazas dos procesos de educación social e de veterinarios/as tanto funcionarios como laborais. Están pendentes da revisión das prazas de auxiliar de clínica e de traballo social e dos prazos dos recursos. Esperan que na primeira quincena do vindeiro mes estean publicadas todas estas eleccións de destino.

Procesos de estabilización: os listados de admitidos/as sairán coa información adicional sobre si está presentado o CELGA ou non para non ter que facer o exame de galego.

Repesca da funcionarización: as convocatorias se negociarán para que saian antes do mes de agosto.

Admisión do recurso nun proceso selectivo: ante a inquedanza que se xerou polas declaracións na anterior Comisión de Persoal ao non definir si era traballo social ou educación social o proceso afectado pola admisión dun recurso, o director xeral aclara que o proceso é traballo social.

CARREIRA PROFESIONAL

No mes de maio irán 1.500 recoñecementos máis. Estudarán abrir un novo prazo para as persoas que non puideron presentar acceder no anterior prazo.

CONCILIACIÓN, FLEXIBILIDADE HORARIA E BOLSA 5%

Retomarán a negociación en canto poidan porque o texto está case pechado pero lles gustaría levalo en paralelo á negociación da segunda actividade.

ACORDO FISP

Envían un novo borrador de acordo do persoal farmacéutico inspector de saúde pública con cambios e explicacións sobre os cambios. Prazo de alegacións ata o mércores 24 as 14:00. O director xeral di que non é un acordo que estea pechado e que aceptaron algunhas alegación sindicais e outra. Gustaríalle que no vindeiro mes se pechara este asunto ao achegar posturas.

MELLORAS EN POLÍTICA SOCIAL

Na reunión co Comité Intercentros xa indicaron que comezaran a negociación cos catro sindicatos (CIG, CCOO, CSIF e UGT) sobre a problemática das condicións laborais e retributivas do persoal de Política Social e a intención de adecuar ás ratios. Haberá aumento de persoal e novas contratacións e nas vindeiras semanas se negociará todo isto.

EQUIPOS DE VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES

Ante a preocupación polo incremento de ratios e a publicación do Real Decreto 888/2022 sobre o procedemento para o recoñecemento, declaración y cualificación do grao de discapacidade o director xeral comenta que hai problemas coa aplicación informática que é do Ministerio. Se chegou a falar de que os equipos de valoración fixeran 9 valoracións no inverno e 7 no verán pero que polo de agora quedan en 4.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...