Novas por contido

O pasado 27 de setembro tivo lugar unha xuntanza da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos na que se trataron os seguintes asuntos: 1) RPT de Política Social; 2) RPT de Cultura, Educación e Universidade. Dentro do punto de Rogos e preguntas tratamos os seguintes asuntos: autobaremación nos procesos de estabilización, adscricións e superiores categorías, procesos selectivos, carreira profesional e permiso paternal.

MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

A CIG manifestou o seguinte:

  • Falta do informe favorable da D.X. de Planificación e Orzamentos

  • A D.X. de Simplificación Administrativa indica que os postos: PS.C02.00.000.15770.057, PS.C02.00.000.15770.057, PS.C02.00.000.15770.066, PS.C02.00.000.15770.067, PS.C05.00.000.15770.051, PS.C05.00.002.15770.003, PS.C05.00.000.15770.055 e PS.C06.00.000.15770.030, non son amortizables. Contradí así o informe da D.X. de Función Pública. Nada podemos dicir do informe da D.X. de Planificación e Orzamentos pois non o temos. Ante estas disparidades solicitamos que se revise toda a información e se nos presente unha nova co mesmo criterio en todas eles.

  • Polo leído no informe emitido pola D.X. de Simplificación Administrativa, denunciamos a ocultación da documentación seguinte: anexo de equivalencias de persoal funcionario, e anexo de equivalencias de persoal laboral. En varias ocasións solicitamos nas mesas de negociación estes documento de traballo. Sempre se nos negou o acceso a eles, e agora dísenos que o 11/09/2023 xa existía dita documentación solicitada, pero non se nos remitiu para a reunión que tivemos coa consellería o 14/09/2023.

  • No punto 2.2 modificacións, rexeitamos a súa pretensión de apertura a A11 (estado e outras comunidades autónomas), de postos C2. Como alternativa, propomos que se oferten novamente en comisión de servizos ao persoal da Xunta e, se non se cubren, fagan chamamentos das listas de contratación temporal.

  • No punto 2.5, apertura do tipo de administración de varios postos, de xeral a xeral/especial, instamos a que o postos PSC991000036560480, coordinador/a equipo valoración dependencia xefatura territorial de Vigo, deberá continuar na Admón. Especial, EMS2/EMS3/EMS5/EMS6/ESS2/ESS3, para permitir a estas especialidades a súa promoción profesional.

  • Tras sinalar a creación dunha xefatura de sección N25, financiada coa amortización de dous postos de negociado, a motivación é a seguinte “viu incrementado considerablemente a súa carga de traballo, debido entre outras circunstancias á execución dos proxectos de mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) e á asunción ex novo da xestión do bono térmico, entre outras actuacións” .. “Para paliar a situación de sobrecarga de traballo...”

  • Rexeitamos esta argumentación, xa que se hai incremento de traballo haberá que dispoñer de máis efectivos e non sobrecargar a unha soa persoas. Tampouco nos serve que non hai demanda destes postos en comisión de servizos, polo que instamos o mantemento dos mesmos e o chamamento ás listas de contratación.

  • En canto ao posto base subgrupo C2, PSC030000015770035, e que está en comisión de servizos, opoñémonos á súa amortizacións, pois estamos creando RPTs “á carta”. Ademais a argumentación da creación de 3 postos de xefatura de negociado para a súa cobertura contradise coa argumentación do apartado anterior na que amortizan dúas xefatura de negociado.
  • Abráianos que nos postos abertos a LD apareza que poden ser ocupados por persoal laboral temporal. A norma di que poden ser ocupados por persoal funcionario de carreira e por correlación en tal caso debería ser persoal laboral fixo.

  • Manifestamos o noso desacordo con tódalas amortizacións que se presentan. Rexeitamos especialmente as amortizacións no centro de menores Avelino Montero, tendo en conta a gran inversión económica realizada no centro. A este respecto, denunciamos que están a derivar, de xeito malintencionado, os e as menores a centros privados para minorar a carga de traballo e así xustificar que non son necesarias as prazas. Esta consellería cada vez é máis política e menos social, deixando os servizos en mans privadas que buscan o lucro. Isto non é política social. Solicitamos dotar os servizos públicos do persoal necesario para dar unha atención de cualidade.

  • Solicitamos que se equiparen os salarios dos postos de traballo social dos Equipos de Valoración da Discapacidade, pois non se entende que os postos de Pontevedra, Ferrol e Compostela cobren menos que o resto, cando de persoal laboral si cobraban o mesmo.

  • Solicitamos que os postos de persoal fixos-descontinuo de Panxón e Carballiño pasen a postos de 12 meses para que o persoal fixo se podida funcionarizar.

  • Solicitamos a creación dunha praza de oficial 2ª de cociña na Residencia de Maiores de Marín e da Estrada, e cubrir a xa existente en Pontevedra para que sempre haxa un oficial en cada quenda.

  • Opoñémonos á transformación da xefatura de servizo de Protección de Menores de Concurso Especifico a LD, xa que as súas funcións dende o ano 2015 que aparecen no decreto de estrutura da consellería e ata o último decreto de estrutura, non foron modificadas. Xa que logo, non é de recibo que se pretenda cambiar a forma de proveer o posto. 

MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Esta modificación da RPT aparenta ser boa. Ata a CIG podería estar a favor dela xa que crean 57 postos, moito máis que os 11 que amortizan. E a iso engadimos que entre as modificacións que meten, inclúen o cambio de tres postos de media xornada que pasan a xornada completa. Sumamos a iso que crearon 5 novos postos propostos pola CIG que non ían na proposta inicial.

Pero hai dúas cuestións nesta RPT coas que non podemos estar de acordo se non se lles da unha solución inmediata:

  1. De todos eses postos que se crean (57), en realidade uns 46 xa existen, xa están dotados e xa ocupados por persoal. A maioría (31) son persoal coidador, traballando dende setembro do 2022.

    Nós entendemos que a igual traballo igual salario. Pero este persoal leva un ano cobrando menos que o resto das súas compañeiras e compañeiros polo simple feito de que están fora da RPT.

    A maiores, ao comezo do presente curso creáronse outros 14 postos. Pero non lles da a gana de metelos na RPT. Queremos que se inclúan xa, nesta modificación, para que así poidan cobrar o salario completo dende a primeira nómina (que aínda non cobraron).

    Solicitamos polo tanto que se abonen ao persoal afectado os importes non percibidos dende que prestan servizos e si os novos postos non se inclúen xa na RPT que se lle abone o salario completo dende o comenzo da relación laboral.

  2. A outra cuestión ten que ver coa circular do 6 de xuño de 1994 (do século pasado), na que se establecen unhas ratios que a consellería emprega para determinar o persoal que se precisa. Circular imposta de xeito unilateral e sen negociación coas organizacións sindicais.

    Solicitamos, xa que logo, que se poña xa unha data para a apertura dunha mesa de negociación específica para adaptar as ratios á situación actual dos centros e as condicións do persoal.

    Tamén queremos que se estableza un prazo para negociar a ampliación das medias xornadas a completas (a maioría destas situacións danse en Educación, aínda que afecta tamén en menor medida a outras consellerías), tal e como se nos comentou na negociación da RPT de funcionarización do persoal de limpeza e cociña.

Para rematar, comentamos que tiñamos coñecemento dunha sentenza no CEE de Ferrol onde se lle recoñecen pluses ao persoal coidador. Non sabemos si puideron revisar este tema, si o fixeron e se a nosa información é correcta. En todo caso, solicitamos que se inclúa tamén nesta RPT e se estenda a todos os centros das mesmas características.

ROGOS E PREGUNTAS

Autobaremación dos procesos derivados da Lei 20/21: informa o DXFP de que querían ter publicado as autobaremacións conxuntamente coas notas dos exames de galego, pero tiveron problemas na elaboración das listaxes. Teñen previsto sacar esas autobaremacións antes deste venres 29 de setembro. Subliña que xa detectaron erros nos méritos declarados en bastantes autobaremacións.

Adscricións e superiores categorías: Función Pública non está a autorizar as peticións de adscricións e superiores categorías a prazas de persoal laboral do persoal laboral que ocupa prazas xa funcionarizadas. Pedimos explicacións. O DXFP non resposta, limítase a poñer verde á CIG.

Cronograma de tomas de posesión de procesos selectivos rematados ou case finalizados: enviaron o cronograma de datas de exames, pero solicitamos tamén os das tomas de posesión. O DXFP di que non van facer tal cousa, que xa irá transmitindo a información segundo proceda.

Toma de posesión de gardacostas: fai unha semana dixo que o miraría. Repreguntamos, e di que “está xa para saír a presentación de documentación”.

Estado do proceso selectivo de especialidade de seguridade no traballo (convocado fai máis de catro anos): non resposta.

Publicación de notas de exames feitos en xullo: di que como tiñan moitos procesos con segundo exame, corrixiron primeiro estes, e os do primeiro (coidadores, aux. clínica, subalternos), quedaron pendentes, pero que xa están rematando e pensa que nesta semana ou na seguinte publicarán as notas.

Carreira profesional: preguntamos que pasa coa carreira nos contratos de relevo por xubilación parcial do 75%. Non resposta.

Proceso selectivo PSX: queixámonos polos cambios de criterio do tribunal (na convocatoria eran 90 preguntas [60 xeral e 30 específica], en xaneiro mudaron a 80 preguntas [50 xeral, 30 específica], o 21/09/23 o tribunal di que son 30-50, ao revés). O DXFP di que había algo pendente de aclarar, e que volverá a preguntar.

Permiso paternal novo das 8 semanas para coidado de menores de oito anos: o DXFP di que é de difícil aplicación (a culpa é de Pedro Sánchez, dixit).

Convocatoria da Comisión Paritaria do V Convenio Colectivo: solicitamos unha vez máis a convocatoria da Paritaria. Di que convocarán en outubro.

Outras novas recentes

Luns, 25 Novembro 2024

Óllate no espello. Rompe co Machismo

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres A CIG chama aos homes a sinalar as agresións machistas «como un acto repugnante que hai que erradicar», e convoca o 25N o Encontro Nacional de Mulleres da CIG e unha manifestación en Pontevedra ás 12:00 horas, para exixir a erradicación de toda forma de violencia machista. En 2024 a campaña para as...
Luns, 25 Novembro 2024

Situación da Gripe Aviaria e Monográfico da Prevención de riscos laborais no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O pasado xoves día 21 de novembro, tivo lugar unha xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente (en adiante CSSL), onde se tratou o tema da influenza aviaria e información sobre o Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz, como único punto na orde do día ademais da rolda de intervencións. Dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio...
Luns, 02 Decembro 2024

A Xunta vai privatizar o futuro macrocomplexo de Mos / O Rebullón?

A Xunta vai construír un macrocomplexo de servizos en Mos / O Rebullón cun centro de coidados intermedios, escola infantil e centro de  atención a persoas maiores, entre outros A Xunta de Galiza e o Partido Popular téñenos acostumada á cidadanía a ler noticias diarias sobre o “pioneiros” que son nunha morea de iniciativas, proxectos e servizos, máis aquí non somos os...