Novas por contido

Mesa Sectorial de Funcionarias e a Mesa Xeral do 13/09/2024 polo miúdo

Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as do 13/09/24, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu as seguintes informacións:

  • Retirada da conciliación a un laboral funcionarizado de incendios (Consellaría do Medio Rural): o traballador conseguira a conciliación por sentenza xudicial e retiróuselle a flexibilidade unha vez funcionarizado. Alegan para facelo o cambio de vínculo. Dende a CIG esiximos explicacións sobre se é esta a pauta que se vai tomar. Pretenden mandar ao xulgado outra vez ao persoal que conseguiu a conciliación vía sentenza sendo laborais, coa excusa de que agora son persoal funcionario? Pedimos que investiguen este asunto e dean as pautas e ordes axeitadas ás consellarías. A DXEP responde que van estudar cantos casos hai.
  • Concurso de traslados de maio (corpos xerais): está pendente de publicar a lista provisional de admitidos/as e excluidos/as, e de abrir o prazo para a acreditación de méritos e selección de postos. Non teñen cronograma. Van ver se na seguinte xuntanza dan máis información.
  • Concursos de traslados das escalas sociais: están traballando na RPT do Consorcio, teñen que rematar os procesos de estabilización e todo iría despois.
  • Concurso específico: están analizando as prazas que en RPT teñen esa forma de provisión para ver a posible convocatoria. Para poñelo en marcha as consellarías alegan que depende da DXEP, e esta di que son as consellarías as que teñen que convocar, pero Emprego Público ten tamén que dar uns pasos. Nin desmenten nin confirman o rumor de que hai un borrador circulando pola Xunta. Dende a CIG pedimos que lles dean ordes ás consellarías para poñelo a funcionar.
  • Concurso de veterinarias: están resolvendo os procesos de estabilización e dous procesos selectivos convocados. Isto está relacionado coas modificacións da RPT de Sanidade, estanse tramitando, non teñen aínda os borradores para a negociación.
  • Carreira profesional: segundo o acordo asinado con CCOO-UGT, a negociación do grao III é no segundo semestre de 2024, así que están dentro dese semestre e a tempo de iniciar as negociacións. Non aclaran nada da carreira ordinaria nin da posibilidade de negociar o acceso extraordinario ao grao IV (vai haber moitas xubilacións e non van poder ter opción de acceder a este grao). Tampouco aclaran nada da apertura de acceso permanente e aberto para pedir o grao (houbo xente que quedou fóra) e un prazo extraordinario para a xente que quedou fóra.
  • Novas escalas de persoal funcionario: falaron dos concursos en marcha e dos que están sen convocar (veterinarias, etc.). Dende a CIG preguntamos para cando novas escalas de persoal funcionario. A DXEP analizará as necesidades de persoal e segundo iso procederán a incluír en OEP e logo convocar os procesos selectivos que correspondan. Tamén preguntamos para cando o concurso das categorías de persoal laboral que non se van funcionarizar, xa que non deberían ter moito problema para o concurso. A isto non contestan.
  • Situación do persoal coidador, maiormente laboral: non poden optar en comisión de servizos a postos da súa escala funcionarizados. Para cando a funcionarización deste persoal, e as puntuacións de estabilización do concurso oposición do C2 e AP? Medio Rural di que ao persoal fixo si que se lles permite ir a un posto de funcionaria, non ao persoal temporal coidador nin interino. 
  • Baremos provisionais de enxeñaría de montes e enxeñaría técnica forestal: publicarán proximamente entre setembro-outubro todos eses baremos: os que quedan de C2 e AP; algúns de A1 e A2. No referido ás eleccións de destino deses procesos previos á Lei 20 de enxeñeiras: xa se publicaron en case todos os casos baremos provisionais, estanse a publicar definitivos (inclúen algunhas prazas de estabilización, pero prazas anteriores á Lei 20). A continuación sairían os aprobados. Toma de posesión de montes e forestais: falta a baremación, e cando saia o baremo definitivo, daríase a elección de destino.
  • Fundacións sanitarias: a DXEP di que analizarán os contratos nas fundacións sanitarias e que non teñen constancia de que o persoal investigador sega sen estar contratado, e que haxa proxectos de investigación paralizados por isto.
  • Servizo médico de Compostela: parece ser que só unha das 3 médicas pode emitir receitas, entre outros problemas. Din descoñecer a problemática, e van tentar analizar este asunto.
  • Constitución de grupos de traballo e unidades de apoio para a execución de fondos europeos: non se sabe nada, pouca transparencia. Hai moito persoal interesado en traballar nestes grupos e non ten opción a facelo. Non houbo resposta da DXEP.
  • LEPG e postos en propiedade: dende 2015 a todos/as os/as traballadores/as permíteselles ter só 1 posto en propiedade, pero aos postos de directivos -subdirectores/as- permíteselles ter 2 postos en propiedade, saltándose a norma máis xeral da función pública. O persoal directivo debe xogar ao mesmo nível que o resto do persoal da administración. Tiveron tempo para poder comezar a lexislar. A DXEP non contesta.
  • Centros de política social (como Porta do Camiño): ao persoal esíxeselles a entrega do xustificante de asistencia médica polo Portax. Hai persoal de determinadas categorías que non teñen os coñecementos ou o acceso aos medios. A lei só establece que se faga preferentemente, pero a DXFP descarta que non se lles esixa a entrega alegando que a configuración do Portax require a presentación dun ficheiro.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...