Novas por contido

A CIG ven de presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) reclamando a equiparación no criterio de superación da proba física entre o persoal bombeiro/ a forestal do SPIF, o persoal técnico de defensa contra incendios forestais e o persoal axente técnico de xestión ambiental.

Nas convocatorias publicadas destas escalas e categorías estableceuse unha diferenciación entre homes e mulleres no tempo permitido para a superación da proba física requirida. Así, na convocatoria da escala de axentes ambientais o tempo máximo de realización da proba sería de 30 minutos para os homes e 35 para as mulleres, pero para o persoal bombeiro/a forestal e técnico non hai diferenzas (sería de 30 minutos para homes e mulleres).

Dende a CIG non entendemos nin compartimos esta disparidade de criterio e pedimos dende hai tempo adaptar o acceso ao emprego público implantando medidas de accións positivas, sobre todo naquelas profesións masculinizadas, que permitan ás mulleres acceder en condicións de igualdade real.

Por este motivo, vimos de solicitar á DXEP que corrixa esta eiva e equipare o criterio de superación da proba física entre todas estas escalas e categoría e pase a ser de 30 minutos no caso dos homes e de 35 minutos no caso das mulleres.

A maiores, tamén solicitamos que se establezan medidas para non menoscabar o acceso ao emprego público das mulleres embarazadas, tendo en conta a necesidade da superación da proba física para obter unha praza nas mencionadas categorías e escalas.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...