Novas por contido

A CIG Autonómica ven de solicitar unha xuntanza urxente coa Consellería de Educación para que de solución a falta de esixencia de formación en cociña para a elaboración da comida nos centros escolares públicos.

As cociñas e comedores públicos, nos que están incluídos os comedores escolares dos centros de ensino dependentes da Consellería de Educación, teñen a obriga de implantar un sistema APPCC (Análise de Puntos de Control Críticos) e un Programa de Seguridade Alimentaria que inclúe a trazabilidade dos alimentos, boas prácticas na manipulación de alimentos, formación dos manipuladores e un programa de hixiene na cociña (limpeza e desinfección, control de pragas, control da auga...).

Ata o de agora ao persoal de cociña, nomeadamente  "persoal oficial 2ª de cociña" que é o que atende maioritariamente aos comedores escolares,  a Xunta esixíalle a titulación de Técnico de Cociña ou Técnico Superior de Restauración polo que a formación en elaboración, en manipulación de alimentos, en dietas específicas, en prevención de riscos nas cociñas, en control dos APPCC, en normativa sanitaria, ...etc que está cuberto coa preparación académica da que dispoñían.

Por mor da funcionarización deste persoal, a Xunta situou este persoal nunha nova escala denominada “Auxiliar de Cociña do Subgrupo C2" na que non require titulación específica ningunha máis que Graduado en ESO.

Ata o de agora, cando os postos estaban ocupados por persoal laboral fixo, ao que para superar o seu proceso selectivo se lle requeriu a titulación mencionada para apuntarse ás listas de contratación.

Este cambio supón, que a partir de agora, o persoal que acceda a estes postos pode non ter ningún coñecemento para cociñar, pero tampouco para garantir a seguridade e hixiene alimentaria e o cumprimento estrito da normativa sanitaria de aplicación nas cociñas colectivas.

Sendo conscientes de que a última e principal responsable da seguridade alimentaria é a Consellería de Educación, denunciamos que existe un grave risco para a saúde dos cativos e cativas.

É por isto, que vimos dede solicitar unha xuntanza urxente, esperando que a Consellería de Educación comparta a nosa preocupación e a gravidade do problema, e que arranxe a desfeita dunha funcionarización chapuceira, sen garantías e que probocou a rebaixa profesional deste persoal.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...