Novas por contido

Algún sindicato non só asinou acordos en 2019 que deixaban fóra a moito persoal, senón que seguiron asinando acordos sen que se restituíra o dereito a cobrar dende esa data

O acordo asinado no 2019 por CCOO, UGT e a Xunta, privaba ao persoal interino e temporal, e incluso ao laboral fixo do Consorcio, da carreira profesional.

A CIG interpuxo unha demanda contra este Acordo que discriminaba ao persoal temporal e interino incumprindo a normativa europea. Gañamos a sentenza e a Xunta non atopou outra forma mellor de executala que abrir a carreira, posteriormente para  persoal excluído, cando o resto xa cobraba o grao II.

A CIG presentou hai dous anos, un incidente de execución de sentenza para denunciar que a Xunta e os asinantes do novo acordo, non cumprían coa sentenza ao non facela retroactiva ao ano 2019, polo que estamos á espera da dita execución.

Hai persoas traballadoras que teñen denunciada a carreira do 2019 no xulgado, presentado no prazo que establecían as Resolucións dos recursos de reposición ou de alzada e xa se están celebrando os xuízos.

Hai pouco tempo, algún sindicato (mesmo algún dos que que asinou e nos deixou fóra do acordo) aconsellou solicitar esta carreira de 2019 a quen non a demandara en prazo.

Seis anos despois fan como se non foran con eles  eses acordos e chaman ao persoal a demandar contra os seus propios acordos, cando xa están demandados e gañados pola CIG.

A CIG avisou ao persoal de que, se solicitaron esta carreira agora, non teñen problema ningún, pero para facer efectivo o dereito á carreira ao persoal excluído no 2019, vai depender da resolución que dite o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) sobre a demanda de execución forzosa presentada pola CIG en relación á SENTENZA QUE GAÑAMOS. Como expresamos en anteriores informacións, poden darse os seguintes escenarios:

  • Se o TSXG acepta a execución forzosa tal e como pediu a CIG, a Xunta estaría obrigada a convocar un proceso extraordinario para dar participación ao persoal laboral temporal e funcionario interino con dereito a obter os atrasos dende o 01/01/2019. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes, porque o persoal tería dereito aos atrasos dende o esa data.
  • Se o TSXG acepta a execución forzosa pero modificando a petición da CIG, a Xunta quedaría obrigada a cumprir o que o TSXG impoña. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes porque os atrasos terían de limitarse o período que fixe o TSXG.
  • Se o TSXG rexeita a execución forzosa por calquera motivo, a Xunta non quedaría obrigada a cumprir nada. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes porque a Xunta non tería obriga ningunha de aceptalas.


Por todo isto, basta xa de campañas que non se sabe a que obedecen, pedindo ao persoal traballador a documentación de carácter persoal para demandar, cando son os mesmos que nos deixaron fóra!. De nada vale esta campaña máis que para marear ao persoal xa que, como vos explicamos, todo vai depender do TSXG ao respecto da execución da sentenza gañada pola CIG.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...