Novas por contido

Na Comisión de Persoal (CP) do xoves 18 de decembro, quedaron aprobadas: 1) modificación da RPT da APLU, 2) Oferta de Emprego Público do ano 2025 das escalas sanitarias, 3) convocatoria de proceso selectivo de escalas sanitarias.

RPT DA APLU

CIG rexeita o incremento do complemento específico dos postos das asesorías xurídicas aprobado no Parlamento de Galiza, por non ter sido negociado coas organizacións sindicais, e por non ser unha medida xenérica de efectos sobre o conxunto do persoal. Tampouco compartimos a amortización dun posto de subinspección en Pontevedra para centralizalo en Servizos Centrais, nin a apertura de varias xefaturas de servizo á administración local mentres non haxa un acordo de reciprocidade.

CIG vota en contra, CCOO abstención, CSIF en contra, UGT a favor.

OEP-2025 DE ESCALAS SANITARIAS-LEI 17/89

Unha oferta cunha promoción interna insuficiente, que vai permitir superar o proceso obtendo unha nota de cero en galego, sen esixencias de axilidade, que permite que se incrementen prazas por previsión de xubilacións pero persoas aprobadas poidan quedar fora se non se efectivizou a xubilación en dous anos.

CIG vota en contra, CCOO abstención, CSIF a favor, UGT abstención.

PROCESO SELECTIVO DE ESCALAS SANITARIAS-LEI 17/89

Correspóndese coa convocatoria da totalidade das ofertas de emprego dos anos 2022 a 2024. Non aceptaron incorporar tamén a OEP do 2025 que tamén ese día quedou aprobada. Non moveron unha soa letra nas tres xuntanzas que tivemos. Nen sequera respostaron a se era necesario ou non revisar o programa da parte específica, que é do ano 2021. Non estamos conformes en como puntúan a experiencia. Rexeitamos a puntuación por permanencia. Non queremos a formación impartidas mentres non haxa criterios obxectivos e transparentes para a selección das persoas formadoras. Rexeitamos que poida superar o proceso obtendo unha nota de “0” en galego.

CIG vota en contra, CCOO abstención, CSIF a favor, UGT en contra.

PAGO DE ATRASOS E CARREIRA

Informa a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal de que o pago do 2,5% pendente do 2025 realizarase nas dúas primeiras semanas do mes de xaneiro. Irá na nómina do mes de  decembro, que se xerará despois da nómina que se ingresará aproximadamente o 22/12/2025. Será igual para todo o persoal da Xunta, incluídos docentes e persoal estatuario do Sergas. Tamén se ingresará o importe do grao extraordinario a todas as persoas incluídas no primeiro lote de carreira.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...