Novas por contido

Os votos en contra de PP e PSOE impediron aprobar a solicitude ao Goberno do Estado para instaurar por lei un mecanismo que impida a perda de poder adquisitivo

O pleno do Parlamento de Galiza rexeitou na mañá do 10 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a proposición non de lei promovida pola CIG-Administración Pública que procuraba a creación por lei dunha cláusula de garantía salarial para que os salarios públicos sexan revisados anualmente conforme ao incremento do IPC real.

Os grupos parlamentares do Partido Popular e Partido Socialista de Galiza votaron en contra de solicitarlle ao Goberno estatal a creación desta medida que permitiría frear a perda de poder adquisitivo que veñen sufrindo as traballadoras e traballadores das administracións públicas nas últimas décadas.

                  

A proposta de proposición non de lei (PNL) foi rexistrada co apoio de máis de 5.500 sinaturas de persoas traballadoras do sector público baixo o actual contexto de empobrecemento constante dos soldos na Administración pública, que dende 2010 acumulan unha perda de capacidade adquisitiva que xa supera o 20%. 

Dende a CIG-Administración denunciamos que os acordos de actualización salarial asinados en Madrid pola Administración estatal co apoio de UGT, CCOO e CSIF afondan aínda máis neste empobrecemento. É evidente que a actualización do 2,5% para 2025 quedou moi por debaixo da suba do IPC no mesmo ano, que foi do 2,9%.

A CIG advirte que a situación é aínda máis preocupante para 2026, no contexto bélico que se nos presenta e no que é máis que evidente que o IPC estará moi por enriba do 2% de aumento salarial que as centrais sindicais españolas acordaron en Madrid. Este "acordo a perdas" foi xa denunciado polos sindicatos CIG e ELA por vulnerar o dereito sindical á negociación, dado que foi asinado nos despachos do Goberno en lugar de na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, demostrando a falta de respecto polas traballadoras e traballadores e a súa representación sindical con dereito a negociar nesa Mesa.

Por todo isto, a CIG asevera que fica máis que claro que o estabelecemento dunha cláusula de garantía salarial, vinculada ao IPC real e blindada por lei, debe constituír a base mínima sobre a que artellar futuros acordos salariais, co obxectivo de recuperar o poder adquisitivo perdido, e que as actualizacións salariais froito da negociación colectiva sexan subas reais e non fume que vender en notas de prensa.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...