Novas por contido

Esta semana Emprego Público sinalou que a primeiros de maio sairía un calendario para indicar as tomas de posesión, pero o que circula dende diferentes organizacións sindicais non é un calendario, senón unha data para esas tomas de posesión: o 12 de maio. Como non sabemos se é problema de que a CIG escoita mal, a DXEP aclara que estamos no certo, que o que se publicará é o calendario, tal e como informamos.

Precisamos, ademais, unha aclaración coa orde de elección de destinos por categorías e convocatorias, porque temos un bombardeo de información ante a confusión que teñen as traballadoras e traballadores e a inminente publicación para a vindeira semana. Neste senso, a DXEP explica unha serie de cuestións técnicas que se basean en insistir en que a orde será por subgrupos e convocatorias, tal e como  dixo esta semana.

Solicitamos unha xuntanza monográfica sobre este asunto para a semana que vén, para poder dar un traslado correcto a todo o persoal da totalidade do vindeiro proceso de elección de destinos.

Postos do concurso que non aparecen adxudicados e non son de resultas

Non sabemos se non se pediron ou se os retiraron do concurso. A DXEP indica que foron postos non solicitados.

Pedimos que se ofrezan todos os postos que pasaron polo concurso, ademais de que non sabemos se hai postos que nin se ofreceron no concurso de traslados e que se engadirán antes da emisión da caixa de postos, como son os do Consorcio ou os de persoal xubilado. A DXEP manifesta que os  postos do Consorcio incluiranse agora na elección de destinos, e que antes non se fixo porque non estaba a RPT publicada, e que para o concurso de traslados non se retirou nada. Tamén informa de que serán sobre 2000 persoas as que participan nestes vindeiros procesos.

Como  podes comprobar, son moitas as dúbidas —e máis que xurdirán— que hai en todo o proceso que se publica a próxima semana, tal e como vén sucedendo nos anteriores, o que xera moita incertidume entre as persoas traballadoras.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...