Novas por contido

Na Mesa Xeral do martes 21 de abril, demandamos á directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) as seguintes cuestións sobre a elección de destino definitivo dos corpos xerais (administración xeral sen escala).

En primeiro lugar, como xa saben cales son as prazas vacantes tras a resolución do concurso de traslados, queremos a relación das que van ofertar para os destinos, pois os compañeiros e compañeiras demandan información. A DXEP limítase a dicir que están a revisar as prazas.

En segundo lugar, reclamamos que nos convoquen á xuntanza comprometida pola DXEP para falar sobre o método e a orde de prelación na elección de postos. Esta xuntanza non tería sentido despois da publicación en DOG da resolución pola que se convoca á elección de postos, polo que tería que ser nestes días. A DXEP resposta que a información de que esa publicación en DOG sería na semana do 20 ao 24 de abril, “era unha previsión”. Así que aumenta as incógnitas. Engade que para esa xuntanza van a amosarnos un exemplo do problema que teñen coas prazas.

En terceiro lugar, preguntamos polo método (van convocar a todos/as á vez ou por grupos?), e cuestionamos a prelación da promoción interna separada e específica. Isto foi o que dixo a DXEP:

  • Estudarán a orde de prelación para promoción interna separada.

  • Asegura que ao ser tantas as convocatorias pendentes, e ao existir postos abertos a varios subgrupos, o sistema habitual de que primeiro escollan todos e todas da primeira convocatoria por orde de subgrupo, para a continuación ir os da seguinte convocatoria tamén por orde de subgrupo, producirá segundo as súas prospeccións, que persoas dun subgrupo inferior collan postos abertos ao superior e poidan deixar aos superiores da seguinte convocatoria con menos postos dos necesarios. Asegura que xa fixeron simulacros e con este método teñen problemas de postos en A1 e A2.

  • Decidiron, xa que logo, que teñen que actuar doutro xeito:

    • Todas as persoas de todos os procesos escollerán nun mesmo acto. É dicir, que as persoas deben escoller tantos postos como o número de persoas que teñen por diante sumando todos os procesos.

    • Para a orde de prelación, separan en dous bloques.

    • O primeiro bloque está formado por todos os procesos que non son os derivados da Lei 20/21 (estabilización). Para este bloque, comezarán elixindo os A1 de todas as convocatorias por orde de prelación dos procesos (pendente de confirmen cal será esa prelación). A continuación irán os A2 de todas as convocatorias, e así sucesivamente.

    • A continuación ven un segundo bloque (estabilización). Irán primeiro os do proceso de concurso, comezando por A1, A2..; e para rematar irán os de concurso-oposición (A1, A2, ..).

    • Insiste en que non lles queda outra que facer así para garantir a dispoñibilidade de postos.

Contamos con que nos convoquen para estes días a falar deste tema. Queremos discutilo e queremos datos.

En canto a datas: como dixemos, a referencia a que a semana do 20 a 24 de abril (esta semana) estaría publicada a convocatoria para a elección de postos, está por ver, ao dicir a DXEP que foi unha “previsión”. Nada dixo de que se manteña, ou non, a previsión de que en maio publicarían a data de cese e toma de posesión. Xa que logo, ese ruxe-ruxe de que o 12 de maio é a data de cese, nin sabemos de onde sae, nin sabemos se é certa.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...