Novas por contido

Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso.

Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin nos chamaron nin nos facilitaron os datos.

Cos datos aos que podemos acceder EXISTE un problema evidente: hai 376 persoas do subgrupo A1 que teñen que tomar posesión e hai no mellor dos casos, e non vai ser así, 378 prazas sobrantes do concurso abertas ao A1. E si sumamos a promoción interna do 2023 (da que non sabemos cantas persoas van ter que escoller posto), a cousa vaise complicar bastante.

Isto é resultado da falta de planificación, de retirar alegremente prazas do concurso (lembremos as 200 retiradas, grande parte delas das oficinas de emprego), etc.

Para algún sindicato isto é unha mensaxe “apocalíptica”. Nós intentamos primeiro, buscar explicacións, e segundo, buscar solucións. O que non facemos é mirar para outro lado.

As primeiras medidas que parece querer tomar a Xunta é facer dous bloques cos actos de elección de destino e non incluír en ningún deles ás persoas da última promoción interna, o cal lles vai supoñer unha perda de dereitos, e aínda así vai seguir habendo problemas.

O que temos claro é que se non hai postos dabondo o que hai que facer en primeiro lugar é CREALOS, cousa que a Xunta xa ten feito noutros casos análogos este mesmo ano. E se así non chegan haberá que buscar outras fórmulas alternativas, porque se non como van facer coas promocións do bloque 2 e coa última promoción interna?

Cos datos que puidemos recopilar ata o de agora a situación é a seguinte:

 

Persoas pendentes de destino definitivo (a orde das promocións dentro dos bloques, e coa que non estamos dacordo, é a que comentou a DXEP na mesa xeral do 14 de abril)

 *Na promoción interna do 2023 o reflectido é o número de persoas aprobadas, non ó número de persoas que terían que elixir destino.

 

Postos non adxudicados no concurso

Vendo isto, calquera persoa pode deducir que, sin ser “apocalípticos”, hai un problema. Dos 1.287 postos non asignados en resultas, aínda que non se nos aporten os datos, pódese intuír que gran parte deles non foron asignados porque ao titular ou non lle deron o posto desexado no concurso ou renunciou. Sería o caso das 96 seccións e 241 negociados das 7 grandes cidades que non se asignaron en resultas e por tanto non quedaron vacantes.

Por todo isto esiximos á Xunta que aporte os datos e nos convoque XA!

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...