Novas por contido

O pasado venres 12 de xuño a Consellaría de Educación convocou ás organizacións sindicais (OOSS) para negociar unha modificación da RPT sen aportar documentación algunha o que precipitou ter que adiarse esa xuntanza para o día de hoxe, venres 19 de xullo a petición da parte social e logo de remitir un borrador para a mesa.

Hoxe, venres 19, a CIG e as outras OOSS presente na mesa quixemos dar unha mostra clara e contundente de que ata que non se abran as mesas con día, hora, orde do día e documentación para abordar o Acordo do persoal non docente (PND) non imos sentarnos a modificar unha RPT por moi necesaria que esta sexa.

Esta situación pretende ser un berro alto e claro por parte da CIG e do resto de sindicatos presentes ante o desleixo desta consellería para abrir a negociación dun acordo que actualice e regule as condicións do persoal laboral e funcionario non docente que traballa nos centros de ensino públicos do País.

A pesares de varios anos de loita e denuncia das súas condicións e de ter incluso o compromiso verbal do anterior director de Función Pública realizado en Mesa Xeral de abrir as negociacións, dende a Consellaría seguen negándose a abordar una problemática que afecta de xeito directo e diario ao seu persoal.

Por este motivo a CIG, desta vez acompañada polo resto de OOSS, procedemos a levantarnos desta mesa negándonos a participar desta mesa de modificación da RPT en tanto non se nos convoque a unha negociación para acadar un acordo para o persoal non docente (PND).

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...