Novas por contido

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.

Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez conseguida a aclaración do departamento de Emprego público, a causa é que o tempo en redución de xornada por conciliación non se esta a contabilizar, só se está a contar o efectivamente traballado.

Dupla penalización

Na CIG  non saímos do noso asombro. A propia Función Pública discrimina na promoción profesional ás súas traballadoras por usar seu dereito á conciliación, facéndoas caer na dupla penalización: redución de salario e redución na carreira profesional.

Por iso, preguntámonos quen está ao mando deste barco, quen controla que se cumpra a normativa de igualdade e non discriminación, para que serve ter un Plan de Igualdade se non se cre na Igualdade, quen dá este tipo de ordes discriminatorias e onde está a formación do persoal responsable e das persoas traballabadoras en materia de igualdade para que isto non poida suceder.

No noso sindicato cuestionamos a hipocrisía e falla de compromiso coa igualdade  e solicitamos que corrixan estas prácticas discriminatorias e que fagan real e efectiva a igualdade na Xunta de Galiza.

Denuncia no xulgado

De non ser así, advertimos de que acudiremos aos tribunais a denunciar á Dirección Xeral de Emprego Público e ao resto de consellarías que non están a contabilizar a redución de xornada, por violación do dereito fundamental á igualdade por razón de xénero na promoción profesional e no salario.

Na CIG amosamos a nosa desconformidade con que non se computen para carreira profesional como xornada completa as xornadas inferiores á ordinaria, da mesma forma que acontece nos trienios. A antigüidade sempre é a xornada completa e existe numerosa normativa e xurisprudencia que así o recoñece.

 

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Mércores, 30 Setembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de varias escalas do subgrupo C1, C2 e da agrupación profesional

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento...