- Detalles
A CIG denuncia que TRAGSATEC, á que lle encomendou este traballo, non ten persoal cualificado e esixe a creación das prazas necesarias na Dirección Xeral.
O pasado 25 de marzo saía publicado no DOG unha nova encomenda de xestión con TRAGSATEC pola cal se externaliza parte do servizo de elaboración dos informes sobre o impacto das obras que afectan a bens do patrimonio cultural e á súa contorna de protección. A CIG denuncia esta nova externalización de emprego público e esixe á Xunta que cree as prazas necesarias neste departamento para garantir a tutela do patrimonio cultural.
A encomenda, por valor de preto de 150.000 euros, ten unha duración de catro meses e carácter retroactivo a inicios de marzo, unha artimaña coa que a Xunta pretende dar visos de legalidade ao traballo que TRAGSATEC veu desenvolvendo para a Dirección Xeral de Patrimonio entre xaneiro e marzo, logo de ter rematado a vixencia dun primeiro contrato en decembro.
- Detalles
O Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ten unha saída posterior na entreplanta, correspondente á zona do salón de actos e á sala de prensa, que consta dunha dobre porta e no exterior, unha reixa pechada.
Na avaliación de riscos e plan de acción (31/01/2013) do edificio establécese que:
“segundo se indica no Art. 8 Características das portas e dos corredores, da CPI-96, ou no Art. 6 da Sección SI 3 Evacuación dos Ocupantes do Código Técnico da Edificación CTE se debe de adecuar á saída posterior do edificio, na entreplanta, como saída de emerxencia.”
- Detalles
Limítase a cubrir baixas mentres a Administración Xeral supera en 2.843 prazas
A Xunta de Galiza vén de anunciar unha oferta de emprego público (OEP) para 2019 que a CIG valora como insuficiente e que non mantén nin recupera emprego perdido xa que apenas cobre as baixas que se produciron o ano pasado. A falta de interese do Goberno galego en recuperar o emprego que destruíu nos últimos anos nos servizos públicos faise patente ao comparar a súa OEP coa que vén de presentar a Administración Xeral do Estado, que supera amplamente a taxa de reposición de efectivos.
Segundo os datos ofrecidos polo Goberno Estatal na AGE as baixas que se produciron no conxunto do persoal ao seu servizo ascenderon até os 8.979. En marzo de 2018 CCOO, UXT e CSIF acordaron co goberno o mantemento de taxas de reposición polo que non se pode xerar novo emprego e que a Xunta ratificou na súa lei de orzamentos. De cumprirse esta previsión, a OEP para 2019 no estado corresponderíase cunha oferta de 8.495 prazas. Porén, a Administración Xeral do Estado inclúe nela 11.338 prazas de ingreso libre e 8.350 de promoción interna, 2.359 postos a maiores das baixas.
- Detalles
Publicada no DOG do 29/03/2019 a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se publica o Acordo para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
- Detalles
O luns e mércores tivemos Mesa Xeral e duas Comisións de Persoal, onde se trataron diversos asuntos. En Rogos e preguntas van moitisimos asuntos que poden ser do teu interese.
PROCEDEMENTO PARA O ACCESO AO RÉXIME EXTRAORDINARIO DO GRAO I DA CARREIRA PROFESIONAL
A proposta de Orde sobre o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia foi aprobada na Comisión de Persoal do 25 de marzo.
Modifican algúns prazos e crean unha comisión de seguimento (para variar, así exclúen aos sindicatos discrepantes). Non aceptan ningunha das alegacións da CIG, denunciamos que este acordo exclúe a parte do persoal e que, nese senso, estanse a obviar recentes sentenzas xudiciais do Tribunal Supremo que condenan esa discriminación.
Aprobado co voto favorable de CCOO e UGT, e en contra de CIG e CSIF. Publicaríase no DOG o venres 29 de marzo. Descargar texto da Comisión de Persoal.
- Detalles
Comezando polo máis xeral, esta é a situación dos concursos de traslados:
- Corpos xerais: temos o primeiro borrador, e a previsión do DXFP é que estea convocado en maio (sen máis especificación). É dicir, que se cadra estaría convocado antes do verán. Veremos.
- Corpos especiais e escalas: estamos a finais de marzo de 2019, e nada se sabe. Non hai previsión, o director xeral de Función Pública nada di. O último que tiñamos (fai xa varios meses), era que prevían convocar o de veterinarios antes do de corpos xerais. Agora xa nin iso. Para os compañeiros e compañeiras destas escalas, é interesante botar un ollo ao concurso de corpos xerais, pois ese sería o modelo que previsiblemente lles será de aplicación no futuro (lonxano?).
- Persoal laboral: por se a alguén non lle quedou claro, co Acordo de Concertación que asinaron CCOO e UGT, este concurso pasou a mellor vida. As categorías a funcionarizar non o van ter nunca máis. E se quedase algunha categoría non funcionarizable, xa veremos no futuro lonxano que é o que pasa.
- Detalles
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT.
Desta forma da comezo a loita xudicial da CIG para a salvagarda dos dereitos do persoal e así dar solución das inxustizas deste mal Acordo que non recupera os dereitos laborais e económicos perdidos na última década e establece discriminacións entre o persoal empregado público.
Nesta demanda a CIG fixa os seguintes obxectivos:
CARREIRA PROFESIONAL
- Ampliación do seu ámbito de aplicación: universalizala para todo o persoal empregado público sen chantaxes nin subterfuxios.
- Acceso ao sistema extraordinario a todo o persoal e sen condicionados.
- Revisión das contías dos graos aumentando os importes dos máis baixos co fin de minguar a brecha salarial.
- Solucionar a falta de garantía orzamentaria, buscando a consolidación salarial ao longo do tempo.
- Detalles
Tivo que pasar case un ano para que a Consellería de Economía, Emprego e Industria reabrira a rolda de negociación cos sindicatos para tratar os temas dos pluses nos dous organismos apegados a consellería: o LOMG e GAIN.
Nesta segunda exposición corrixen algúns erros como os de poñerlle nomes aos postos como o de “responsable en...”, pero nunha sorte de café para todos (ou case todos) lle poñen pluses ata un auxiliar administrativo e un administrativo; ata aí poderíamos dicir que non é raro, pero o raro e que se lle poña o “complemento de perigrosidade”. Coñecemos moitos traballadores que para que se lle recoñecesen ese complemento tiveron que preitear contra a Xunta durante anos. Pero é mais, o posto de administrativo esta cualificado na RPT como grupo III Categoría 2 “xefe/de negociado” “encargado/a Adminstrativo/a” polo que o seu salario xa conleva unha diferencia salarial (de case 1.000 euros) do “Administrativo” grupo III categoria 62.
O peor de todo é que seguen coa teima de querer incrementarlle aos 2 “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) o seu soldo en 6.721,82 € alegando responsabilidade no traballo que desempeñan, responsabilidade que non mostran en ningún documento ás organizacións sindicais.
- Detalles
Os lumes de primavera destes últimos días na Galiza non fan mais que constatar a tendencia das últimas décadas que nos demostran que se intensifican os lumes cando as circunstancias climatolóxicas o permiten. Non estamos diante dun asunto novo, xa que os datos estatísticos dos que dispoñemos - de consulta pública-, permiten entender que o problema dos lumes se desestacionalizou xa fai ben anos.
Un factor determinante a ter en conta é que os bosques galegos dende o 2002 sofren un estrés de humidade moi elevado, case semellante aos do bosque Mediterráneo.
Se lle engadimos outro factor determinante como a elevada intencionalidade dos lumes forestais en Galiza – ronda o 70% e triplica a media de intencionalidade no resto do estado- podemos atoparnos escenarios recorrentes como o que está a acontecer no día de hoxe.
- Detalles
A consellería de Cultura non está a dar ultimamente boas novas, a maiores de levar varios anos coa RPT a voltas, crear unha estrutura orgánica penosa, ven agora con unha externalización escandalosa.
O caso é que a Comisión de Patrimonio histórico é o organismo encargado, entre outras, de elaborar os expedientes arqueolóxicos referidos a todas as obras que se fan nos Camiños de Santiago. Sempre houbo escaseza de persoal arqueólogo, e agora co incremento exponencial dos informes, a cousa está “que bota por fora”.
E que fai a Administración con esta carga de traballo? Contrata persoal? non ; crea prazas? tampouco. Sácase da manga en xullo do ano pasado unha encomenda de xestión coa empresa Tragsatec que volta a renovar este luns (DOG do 25 de marzo), e damos carta de natureza a unha externalización de traballo técnico cos seguintes problemas: