Novas por contido

Como xa manifestamos na Comisión de Listas a CIG está conforme coa apertura de listas para as escalas de persoal funcionario do SPIF. Pero entendemos que os méritos de tempo traballado como persoal laboral non deben ser tidos en conta por tratarse de escalas con diferentes requisitos de acceso e diferentes titulacións. Iso foi o manifestado na comisión celebrada o 19 de xuño.

De chegarse a que os méritos fosen computados nas listas de funcionarios o que si temos claro é que non poderían computar os mesmos méritos en dúas listas disitintas, polo que o persoal tería que decantarse por unha ou outra lista.

Pensamos que o máis xusto e que nas listas de persoal funcionario só computen as oposicións celebradas xa para funcionarios e o tempo traballado como persoal funcionario interino.

 

A Consellería de Política Social e Igualdade convocounos a unha xuntanza para o día 20 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Se é do teu interese, aquí tes a súa proposta: descargar.

Para achegarnos o que consideres, podes contactar coa CIG

A CIG ven de presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) reclamando a equiparación no criterio de superación da proba física entre o persoal bombeiro/ a forestal do SPIF, o persoal técnico de defensa contra incendios forestais e o persoal axente técnico de xestión ambiental.

Nas convocatorias publicadas destas escalas e categorías estableceuse unha diferenciación entre homes e mulleres no tempo permitido para a superación da proba física requirida. Así, na convocatoria da escala de axentes ambientais o tempo máximo de realización da proba sería de 30 minutos para os homes e 35 para as mulleres, pero para o persoal bombeiro/a forestal e técnico non hai diferenzas (sería de 30 minutos para homes e mulleres).

Dende a CIG non entendemos nin compartimos esta disparidade de criterio e pedimos dende hai tempo adaptar o acceso ao emprego público implantando medidas de accións positivas, sobre todo naquelas profesións masculinizadas, que permitan ás mulleres acceder en condicións de igualdade real.

Por este motivo, vimos de solicitar á DXEP que corrixa esta eiva e equipare o criterio de superación da proba física entre todas estas escalas e categoría e pase a ser de 30 minutos no caso dos homes e de 35 minutos no caso das mulleres.

A maiores, tamén solicitamos que se establezan medidas para non menoscabar o acceso ao emprego público das mulleres embarazadas, tendo en conta a necesidade da superación da proba física para obter unha praza nas mencionadas categorías e escalas.

Pomos a túa disposición este boletín especial dirixido ao persoal de administración e servizos nos centros de ensino. Descargar

Facemos un repaso pola situación das diferentes escalas e categorías do persoal funcionario e laboral que traballa neses centros.

  • Cada quen fala da feira como lle vai nela
  • Prevención de riscos laborais nos centros de ensino. Roupa e calzado de traballo. Deficiencias nas instalacións
  • Caballeros mutilados, útiles, de guerra por la patria. Xornada e horario do persoal subalterno. Funcións do persoal subalterno
  • Persoal coidador. Protección de datos e necesidades educativas especiais. E outra vez o plan madruga
  • Intérprete de lingauxe de signos. Preparación da interpretación. Cando?
  • Para cando unha itinerancia razoábel para o persoal coidador e intérprete?
  • Asistencia a tribunais
  • Comedores escolares: a persoa encargada do comedor debe ser alguén do persoal de cociña
  • Obras e limpeza, o conto de nunca acabar
  • Son necesarias as xefaturas de secretaría nos centros de ensino
  • Sala e aseos: de profesores ou do persoal?
  • (E rematamos:) O horizonte desprotexido do persoal dos centros de ensino

Tentamos facer un repaso por todas as escalas e categorías, pero sabemos que quedan moitas cousas por contar. Tempo haberá.

A decisión vén motivada polo apoio incondicional do dono desta rede social, o magnate Elon Musk, a Trump

A “victoria” de Donald Trump e o apoio millonario de Elon Musk á súa reelección
Donald Trump vai tomar posesión como novo presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2025, despois de gañar de novo as eleccións á Casa Branca o martes 5 de novembro, cunha victoria tan rotunda como imprevista fronte á demócrata Kamala Harris. Porén, outro “gañador” por partida dobre deses comicios é o tamén multimillonario avenado Elon Musk, un vicepresidente na sombra no segundo mandato de Trump, que se espera que estea presente nesa toma de posesión.

Seica “naceu unha estrela”...
No seu discurso de victoria electoral Trump referiuse ao seu novo aliado coa expresión de “naceu unha estrela”, mentres, cheo de euforia, Musk dicía en X que “o futuro vai ser fantástico”, acompañando o chío cunha imaxe  dun Starship despegando, entre outras moitas mensaxes.
Considerado por Donald Trump como unha gran persoa de negocios e, de paso, con grandes intereses comerciais privados que defender, vén de ser nomeado o 12 de novembro como responsábel do Departamento de Eficiencia Gobernamental-DOGE, coa misión de reducir, entre outros, o peso do persoal funcionario na administración pública estadounidense. Elon xa prometeu vantaxes fronte a Rusia e China na carreira espacial e na chegada a Marte antes de que Trump remate o seu mandato, polo que é máis que probábel que asuma responsabilidades no eido espacial —hai que ir facendo caixa…

Deus críaos e eles xúntanse!
O fundador de Tesla (fabricante de vehículos eléctricos) e dono de SpaceX (fabricante de naves espaciais e lanzadeiras, satélite de comunicacións, cuxo obxectivo é colonizar Marte), entre outras compañías, pasou de ser enimigo acérrimo de Trump a ser o seu fiel partidario, entregado ao movemento MAGA (Make America Great Again, Fagamos Grande a Norteamérica de Novo). Polo pan baila o can…!
Elon non dá puntada sen fío e “investiu”, segundo apuntan algunhas fontes, uns 200 millóns de dólares para axudar á volta de Trump á Casa Branca, nun bo exemplo de como as grandes fortunas poden influír e manipular os resultados duns comicios. Financiou, entre outros, publicidade, mitins, e discursos do vicepresidente electo James David Vance e, por suposto, empregou a fondo a rede social X para apoiar a campaña.

A alianza do mal
Elon está xa a tirar moi boa tallada dos seus investimentos electorais, e isto non acaba máis que de comezar. A chamada telefónica de Trump ao presidente ucraíno Volodymyr Zelensky o mércores 6 de novembro incluía unha sorpresiña: Elon Musk estaba tamén ao teléfono durante a chamada, unha clara mostra de até que punto chegan as influencias de Musk na segunda presidencia de Trump. Elon Musk díxolle a Zelensky que continuarían apoiándoo a través de Starlink, unha constelación de internet por satélite operada por un provedor internacional de telecomunicacións propiedade de SpaceX.

Ese mesmo día comezaban as respostas dos mercados á alianza de millonarios Trump-Mask. Unha mostra clara disto son as ganancias de Musk con Tesla, que obtivo unha revalorización do 31,1% na Bolsa en só uns días, multiplicando por 300 o investimento feito na campaña electoral de Trump.

Manipulación e propaganda a través de X
Hai dous anos Musk, a persoa máis rica do mundo, segundo a revista Forbes, mercou a exitosa rede Twitter, e ademais de mudarlle o nome a X e o dominio, dende entón veu facendo e desfacendo, segundo lle peta, as funcionalidades e configuración da rede social que o público en xeral coñecíamos até entón, desbaratándoa e converténdoa nun medio feito á súa imaxe, semellanza e necesidades de control e manipulación. Xa apuntaba maneiras nada máis facerse con Twitter, despedindo ao 50% do cadro de persoal.

Esta rede social, unida á chuvia de millóns en beneficio de Trump, foi empregada por Musk para amplificar a propaganda de Trump, contribuíndo de xeito decisivo á súa victoria e reelección.

A actividade de Musk en X foi frenética durante a xornada electoral e despois dela, e continúa nestes días poselectorais, onde segue facendo propaganda de Trump e de si mesmo, agora xa como integrante da Administración de Trump, pese ás máis que evidentes incompatibilidades.

A CIG-Autonómica deixa X
Dende a CIG-Autonómica damos por finalizada a nosa presenza nunha rede social de desinformación ao servizo da recada de votos para a reelección de Trump, a censura, a manipulación informativa, o racismo, os discursos do odio e teorías da conspiración da extrema dereita  e o enriquecemento de Elon e as súas empresas; e dun “futuro fantástico” para o fascismo.

A Consellería do Medio Rural convocounos a unha xuntanza que terá lugar o día 19/11/2024 para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). 

Se resulta do teu interese, podes descargar a proposta. Para achegarnos o que consideres, contacta coa CIG.

No DOG do 13/11/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso de varios procesos de estabilización da Lei 20/2021 mediante concurso oposición:

- Subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento.

- Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo agrupacións profesionais, escala persoal de mantemento.

- Subgrupo C1, escala técnica de cociña.

- Subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía.

- Subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

- Categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, condutor/a autobomba de defensa contra incendios forestais.

- Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- Categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios.

- Categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais.

- Grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galiza, oficial/a 2ª carpinteiro/a.

- Subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a infantil.

- Subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e en categorías do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza

 

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Tras unha xuntanza entre a secretaria xeral técnica, o xerente do Consorcio e Función Pública, todas as traballadoras dos servizos centrais teñen que enterarse das súas datas de cese ao filtrarse a información.

Que a transparencia non se lle dá ben ao Consorcio é coñecido por todos/as, pero están conseguindo acadar niveis espectaculares na súa incapacidade de xestión.

Nesta ocasión as afectadas son as traballadoras/es dos servizos centrais do Consorcio que no día de hoxe recibiron un chivatazo dunha información que dera a Secretaría Xeral Técnica sobre o cese que vivirán practicamente a totalidade do persoal.

Estas traballadoras son persoal laboral temporal do Consorcio dende hai quince e dezaseis anos na súa maioría e participan no proceso de estabilización, así que viven nunha situación de incerteza porque a Administración non dá máis información que a que publica no DOG.

Pero a desagradable sorpresa produciuse hoxe cando lonxe de manter un diálogo fluído co cadro de persoal, a Secretaría Xeral Técnica informa a un traballador que será en xaneiro cando cesen as actuais traballadoras e se incorporen os novos funcionarios/as xerando unha situación de risco psicosocial nos diferentes departamentos.

É tan difícil facer as cousas ben?

Dende a CIG exiximos unha rectificación e información fluída coas persoas afectadas e cos representantes do persoal!!

No DOG do 08/11/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario das escalas que se relacionan nos anexos destas resolucións.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Recibimos listado de postos para a escolla de destino provisional da escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2. Descargar

Outras novas recentes

Mércores, 03 Xuño 2026

RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (para CP 05/06/26)

Após a xuntanza da Mesa Sectorial do Persoal Funcionario do luns 01/06/2026 onde se tratou a proposta de modificación da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, agora a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos a unha Comisión de Persoal que terá lugar o venres 05/06/2026, coa seguinte Orde do día: 1. Proposta de...
Xoves, 04 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua do segundo semestre de 2026

No DOG do 04/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Convocan as actividades formativas que figuran no anexo II,...
Venres, 12 Xuño 2026

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

A CIG denuncia que o nomeamento da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) constitúe a crónica dun enchufe anunciado e exemplifica un padrón cada vez máis habitual na Xunta do PP, cando pretende favorecer unha persoa determinada: primeiro modifica o posto, despois adapta os requisitos de acceso e, finalmente, nomea a persoa que encaixa exactamente no...