Novas por contido

O DOG do 28/07/09 publica a convocatoria da consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa EGAP dun curso de especialista en información xuvenil.

O DOG do 27/07/09 publica a convocatoria por parte da EGAP en colaboración coa consellería de Cultura e turismo de varios cursos para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cursos: 15
Prazo: ata ás 14:00 horas do 07/08/09
Solicitudes: hai que cubrilas de forma telemática na páxina http://egap.xunta.es

Abrese o prazo de matrícula para unha convocatoria extraordinaria de cursos de formación contínua.

Dende as 14:00h do día 15 de maio está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 3ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 24:00h do 23 de maio. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta terceira edición no seguinte enlace. A oferta desta convocatoria quedou un tanto escasa (14 cursos), sendo a maioría deles para colectivos específicos. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Dende as 9:00h do día 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 2ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 14:00h do 30 de marzo. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta segunda edición no seguinte enlace. A convocatoria oferta un total de 43 cursos nas diferentes modalidades de teleformación e presencial, agrupados en diferentes áreas de coñecemento. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Outras novas recentes

Venres, 17 Abril 2026

Concurso de traslados de xerocultura e PSX: apertura do período de elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 17/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Luns, 20 Abril 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral - Política Social (15/04/2026)

O 15 de abril tivemos a xuntanza do CSSL da Consellaría de Política Social e tratamos os asuntos que deseguido se indican: Na Residencia de Maiores das Gándaras veñen trasladando dende hai un tempo que hai un problema de gases na lavandaría. De feito, algunhas das traballadoras acudiron á Mutua por reaccións alérxicas que lles causaron a baixa laboral. Con respecto a isto,...
Luns, 20 Abril 2026

A CIG consegue que os trienios do persoal descontinuo se cobren ao 100%

Desde a CIG temos o orgullo de anunciar unha nova vitoria xudicial que pon fin a unha discriminación que viña sufrindo o persoal laboral fixo, indefinido e descontinuo da Xunta de Galiza A CIG foi o único sindicato que tomou a iniciativa de presentar un conflito colectivo contra a Xunta para denunciar que a Administración non estaba recoñecendo correctamente o valor dos...