Novas por contido

A Xunta ven de publicar no DOG do 17 de febreiro a resolución pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galiza (ver anexo II).

O número máximo de actividades que se poden solicitar son seis. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir das 8:00 h. do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e remata o 27 de febreiro ás 14:00h.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula.

A EGAP publicou no DOG do  mércores 8 de febreiro de 2017 a convocatoria dun curso de prevención de riscos laborais de nivel básico de 60 horas en modalidade de teleformación gratuíto. Haberá 3 edicións de 50 plazas cada unha. Está destinado a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 23 de febreiro de 2017. As solicitudes de participación poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da EGAP.

No DOG do 02/02/2017 publícase unha Resolución pola que se publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

A execución das accións especificadas no anexo a esta resolución levarase a cabo de conformidade co crédito orzamentario dispoñible e co estipulado en cada convocatoria. Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula unha vez publicadas as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia.

 

A EGAP ven de publicar na súa web o temario da parte xeral para o grupo C1 - Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia (2016). Puxémonos en contacto telefónicamente coa EGAP e nos informan que NON teñen previsto proporcionar o temario especifico para esta oposición.

A Escola reitera que os temarios por ela facilitados non teñen carácter oficial, polo que en ningún caso vincularán aos opositores ou aos tribunais. En consecuencia deben considerarse instrumentos complementarios que servirán de apoio e axuda como textos de referencia pero nunca de forma exclusiva e excluínte.

Caderno técnico especial nº 3. Especial Bombeiro Forestal.

Inclúe:

  • Caderno técnico nº 3

 

  • Limiar
  • Cronograma de accións e feitos
  • Cadeno de traballo da CIG: Por que somos Bombeiros Forestais?
  • Texto íntegro do acordo asinado pola Xunta de Galiza e as organizacións sindicais

Podes descargar o caderno técnico nesta ligazón

O Bombeiro Forestal, boletín da sección sindical da CIG de Medio Rural de Ourense. No número de outono poderedes ler os seguintes artigos:Portada Bomeiro Forestal Outono 2016

  • Editorial
  • PNL para a modificación da RPT de Medio Rural
  • Avaliación de Riscos e Plans de Acción
  • Bombeiros Forestais Xa! Agora si!
  • Caderno técnico. Especial Bombeiro Forestal
  • Proxecto Batefogo
  • Temos os bosques máis ameazados de Europa
  • Cadernos técnicos: meteoroloxía nos incendios
  • Prevención de riscos: Protocolo OACEL
  • Cifras Lumes 2015
  • Taboleiro de breves

Podedes descargar o boletín nesta ligazón.

O día 24 de outubro de 2016 comezou unha actividade formativa on-line para o persoal auxiliar dos centros de ensino enfocada a que coñezan a nova aplicación informática que se utilizará a partir do curso 2017-2018 xa que a dita ferramenta vai ser de uso obrigatorio nos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

A dita formación, a pesar de ser cuase obrigatoria, non ten asociado o recoñecemento de horas de formación e tratouse de ocultar ata o momento no que decidiron aplicala. Deste xeito podemos dicir que ata a comunicación ás traballadoras e traballadores destinatarios, nin a nosa central sindical nin as/os representantes das traballadoras/es tiveron coñecemento da mesma.

Calquera empresa onde as cousas funcionen cun mínimo de legalidade e decencia debera poñer en coñecemento dos representantes dos traballadores este tipo de asuntos, e non aplicalo unilateralmente sen sequera informar.

O mércores 19 publicamos unha nova titulada “Fórmate para prestar un mellor servizo. E de paso financia á EGAP”, onde informabamos de que a EGAP faría caixa coa formación dos empregados públicos. Faciamos referencia a dous cursos publicados no DOG dese día: curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común (LPAC) e do réxime xurídico do sector público (LRXSP); e curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos.

Ao redactar a nova, fixemos pola nosa parte unha interpretación errada ao afirmar que co curso sobre as leis 39/2015 e 40/2015 sucedía o mesmo que co curso sobre transparencia. Advertido o erro, corrixímolo: mentres no curso superior sobre transparencia si se lle vai cobrar o persoal funcionario e laboral da Xunta de grupos A1, A2, I e II 200 euros, no curso sobre as leis 39/2015 e 40/2015 só terán que pagar aquelas persoas que non sexan empregados/as públicos da Xunta de Galiza

Corrixido o erro, aproveitamos para facer unha reflexión colectiva: a formación continua é un piar fundamental para que os empregados públicos desenvolvan axeitadamente o seu traballo. É totalmente inaceptábel que a formación nunha materia tan importantes se “oferte” unicamente ao persoal dos grupos superiores da administración, polo que rexeitamos este proceder da EGAP e esiximos que a formación se ofreza por igual a todos os empregados públicos que para desenvolver o seu traballo diario necesitan ter coñecemento nesas materias.

Dende a CIG entendemos que os recursos públicos da EGAP deben estar dirixidos á formación dos empregados públicos e non do persoal alleo á administración pública, aínda que sexa pagando.

Os empregados públicos imos ter que pagar por formarnos para desenvolver mellor o noso traballo. A EGAP (en diante, “Escola Galega de Administración Privada”), quere facer caixa coa formación dos empregados públicos.

No DOG do mércores 19 de outubro publicáronse as convocatorias de dous cursos da EGAP sobre asuntos de alta importancia para a prestación de servizo público. Sendo do interese da Administración formar ao seu persoal, sorprende que teñamos que pagar pola formación recibida. 

  • O primeiro é o curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común (LPAC) e do réxime xurídico do sector público (LRXSP). Son dúas leis piares do traballo administrativo e por tanto que todo o persoal das administracións teñen que coñecer. Destinado a funcionarios do grupo A1 e A2, así como persoal laboral dos grupos I e II, ten un prezo de 100 euros.
  • O segundo é o curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos, organizado conxuntamente pola EGAP, Valedor do Pobo e Consello de Contas de Galiza. Igual que o anterior vai tamén destinado a funcionarios A1 e A2, e laborais dos grupos I e II. Sorprende neste segundo curso ver como dous organismos como son o Valedor do Pobo e o Consello de Contas, supostamente vixiantes do bo funcionamento e dos excesos da Administración, van cobrar conxuntamente coa EGAP, 350 euros pola formación, cun desconto de 150 para o persoal da Administración Autonómica.

 

O presidente e secretaria da Xunta de Persoal funcionario da provincia de Pontevedra entrevistáronse o 22 de setembro coa secretaria territorial de Vigo. Tratáronse os seguintes asuntos:

Desfibrilador

Temos a disposición un desfibrilador que antigamente estaba ubicado no despacho do médico da mutua, no oitavo andar. A Xunta de Persoal solicitara o seu traslado á planta baixa, pero este non se colocou en lugar accesíbel, motivo da nosa queixa. A explicación que se nos trasladou é que non se ubicou porque aínda non se cumpriran os trámites burocráticos esixidos e que quedará instalado proximamente no rexistro do edificio.

Médico da mutua

Outras novas recentes

Venres, 08 Mai 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asembleas abertas, días 13 e 20 de maio

A CIG convoca dúas novas asembleas abertas a través de internet para falarmos das condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral. O obxectivo é que a Xunta se sente a negociar coas organizacións sindicais un acordo que regule as condicións laborais deste persoal. As asembleas van ser en dous días e horarios diferentes,...
Luns, 04 Mai 2026

Destinos corpos xerais e convocatoria oposicións mantemento+condución (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non...
Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Complementado a información que onte difundimos, achegamos máis información sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e mais ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...