Novas por contido

O dog  do 4 de febreiro de 2010 publica a apertura de solicitudes para participar na formación continua da EGAP para o persoal da administración Pública Galega.

  • SOLICITUDES: Telemáticas na páxina http://egap.xunta.es/matricula
  • Nº cursos a solicitar: Máximo 5 por edición
  • PRAZO: Ata as 14:00 horas do 12 de febreiro

Convocatoria de cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010, a través das Escolas Oficiais de Idiomas de Galiza. Publicación desta convocatoria no DOG.

Os cursos impartiránse en dúas quendas: A primeira comenzará en febreiro e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá ou de tarde, segundo a dispoñibilidade de aulas.

Os cursos van dirixídos a todas as persoas maiores de 16 anos, ou a aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.

As solicitudes, segundo modelo que figura na convocatoria. Poderánse presentar na propia escola de idiomas, onde teña lugar o curso, e ata cinco (5) antes da data establecida por cada escola de idiomas para o inicio do curso.

O DOG do 11/01/10 publica a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega ( medio e superior).

Prazo: ata o 21 de xaneiro

Solicitudes: na páxina web da EGAP

A páxina http://egap.xunta.es/ fixo pública a convocatoria extraordinaria de dous cursos de Formación Continua, e ábrese o prazo ata o 3 de novembro ás 14:00 h.

Os cursos convocados son:

- PRESENTACIONS EFICACES  a desenvolver os días 19, 23, 25 e 26 de novembro e 15, 16 e 17 de decembro; en horario de 17:00 horas a 20:30 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 25.

- CURSO SOBRE TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN PARA FALAR EN PÚBLICO   a desenvolver os días 14, 15, 16, 17, 21 e  22  de decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 17.

O DOG do 22/10/09 publica a Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se convocan cursos para o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e da Administración autonómica da Xunta de Galicia.

A páxina http://egap.xunta.es/ espón a 4º convocatoria de cursos de formación continua de 2009 e abrese o prazo de matrícula ata o 14 de setembro.

A matrícula realízase a través da "zona de matrícula" da páxina "http://egap.xunta.es/", sendo o prazo para formalizala dende as 12:00 horas do día 7 de setembro de 2009 ata as 14:00 horas do día 14 de setembro  de 2009.

A relación de cursos está na citada páxina.

O DOG do 28/07/09 publica a convocatoria da consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa EGAP dun curso de especialista en información xuvenil.

O DOG do 27/07/09 publica a convocatoria por parte da EGAP en colaboración coa consellería de Cultura e turismo de varios cursos para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cursos: 15
Prazo: ata ás 14:00 horas do 07/08/09
Solicitudes: hai que cubrilas de forma telemática na páxina http://egap.xunta.es

Abrese o prazo de matrícula para unha convocatoria extraordinaria de cursos de formación contínua.

Dende as 14:00h do día 15 de maio está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 3ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 24:00h do 23 de maio. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta terceira edición no seguinte enlace. A oferta desta convocatoria quedou un tanto escasa (14 cursos), sendo a maioría deles para colectivos específicos. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Outras novas recentes

Mércores, 25 Novembro 2026

Abuso na esixencia de documentación a persoal de novo ingreso e concurso de traslados

Algúns departamentos de persoal están a esixir documentación innecesaria ás persoas que toman posesión de posto de concurso de traslados ou ás de novo ingreso. Documentación innecesaria porque ou xa foi presentada ante quen ten a competencia de verificar o cumprimento dos requisitos, ou por conter datos que non hai razón para entregalos. O primeiro, e máis grave, é a...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2 e C2

No DOG do 24/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...