Novas por contido

No DOG do 14/06/2014 a VALEDORA DO POBO publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a adscrición a un posto vacante nesta institución.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG 14/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, e en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da canle de emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, do uso e do acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta» rematará aos dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 14/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de intérpretes de lingua de signos do persoal laboral, categoría 104 do grupo III da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro); pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Desestiman as alegacións presentadas na súa totalidade.

No DOG do 14/06/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

No DOG do 14/06/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

No DOG do 13/06/2024 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica o ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica a Resolución do 3 de xuño de 2024 pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos/as, en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Inversión Tipo Cerrado, S.A. para a contratación temporal de persoal técnico superior (Diario Oficial de Galiza número 206, do 30 de outubro de 2023).

No DOG do 13/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública, como anexos destas resolucións, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

No DOG do 13/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 13/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo  no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 13/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...