Novas por contido

No DOG do 13/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron os dous primeiros exercicios, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido.

No DOG do 13/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Convocan a aspirante Diana Nogueiras Iglesias para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Terá lugar o 19 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 6, 7 e 11 da Escola Galega da Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña). 

Convoca a asnpirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Terá lugar o 2 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A corrección do segundo exercicio da aspirante Diana Nogueiras Iglesias quedará condicionada á superación do primeiro exercicio.

No DOG do 12/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de marzo de 2024, na sala de lectura e nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.

No DOG do 12/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

No DOG do 12/03/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas. Terán prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <Issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

No DOG do 12/03/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xaneiro de 2024 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.

No DOG do 11/03/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

No DOG do 11/03/2024 publican:

- ACORDO do 4 de marzo de 2024, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 88, do 9 de maio) pola que se dá publicidade a un acordo.

Publican as cualificacións do terceiro exercicio.

- ACORDO do 4 de marzo de 2024, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 88, do 9 de maio), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición.

De conformidade coa base V.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

 

No DOG do 11/03/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 15 de febreiro de 2024 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 11/03/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...