Novas por contido

No DOG do 22/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de febreiro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 22/02/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galica (IEP) zara o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o día 4 de marzo de 2024

No DOG do 22/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, escala de expertos/as lingüistas, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, e escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, subgrupo A2, na agrupación profesional do persoal funcionario, escalas de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, de persoal subalterno e de persoal de mantemento, subgrupo AP, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 21/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as cualificacións das persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.

No DOG do 21/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de marzo de 2024, ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, intérprete de linguaxe de signos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

No DOG do 21/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2024 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galiza.

No DOG do 20/02/2024 a FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DA ESTRADA publica o ANUNCIO da convocatoria pública para cubrir dezaseis prazas de persoal laboral temporal.

Na páxina www.feiradomoble.gal publicaranse as bases que rexerán o proceso selectivo.

No DOG do 20/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C1), e para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo B)

No DOG do 20/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 19/02/2024 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica o ANUNCIO do 13 de febreiro de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 8 de febreiro de 2024 polo que se fai pública a baremación definitiva e se abre o prazo de acreditación dos méritos alegados, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro).

Outras novas recentes

Xoves, 30 Abril 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, na que se van tratar as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna: - C1-Mantemento de servizos (6 prazas, da OEP 2024). Descargar- C2-Aux. de mantemento (20 prazas, das OEP 2024 e...
Martes, 28 Abril 2026

A CIG convoca 20 mobilizacións este 1º de Maio pola paz, contra o imperialismo e para reclamar traballo digno e dereitos

A central nacionalista chama a converter o Día Internacional da Clase Traballadora nunha xornada de loita. A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema «Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos». A central nacionalista fai un chamado a converter este...
Mércores, 29 Abril 2026

Faltan prazas para os actos de elección de destino definitivo de corpos xerais?

Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso. Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin...